Prazo para a solicitude de matrícula de ESO e Bacharelato en setembro: ata o xoves día 10.
Aínda que o prazo oficial remata o día 10, rogamos a todo o alumnado que, salvo causa que o impida e ao efecto de facilitar a correcta organización do curso académico, presente a súa solicitude de matrícula respectando os calendarios e horarios que se especifican para cada ensinanza.
A continuación poden obter máis información e descargar os formularios de matrícula:
Matrícula ESO:
Alumnado que debe matricularse no período extraordinario (setembro):
- Alumnado que participou na convocatoria extraordinaria de setembro
- Alumnado que por outras razóns non se matriculou no período ordinario de xuño-xullo
A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en ESO
Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.
Formularios de matrícula: 1ºESO, 2ºESO, 2ºESO-PMAR, 3ºESO, 3ºESO-PMAR, 4ºESO
Seguro Escolar. Ao acceder por primeira vez ao 3º curso de ESO, o alumnado deberá comezar a pagar o Seguro Escolar (1,12 euros por cada ano académico). Na actualidade xa non é necesario que o alumnado dispoña de NUSS (Número da Seguridade Social) para ser beneficiario do seguro escolar. Se o desexa, acceda a máis información sobre o seguro escolar.
Matrícula BACHARELATO:
Alumnado que debe matricularse no período extraordinario (setembro):
- Alumnado que participou na convocatoria extraordinaria de setembro
- Alumnado que por outras razóns non se matriculou no período ordinario de xuño-xullo
A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en Bacharelato
Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.
Formularios de matrícula: 1ºBAC, 2ºBAC
Normativa:
Normativa básica da ESO e o Bacharelato en Galicia
Continuidade entre materias do Bacharelato
Guía da LOMCE: normativa básica e currículos das materias