As prazas vacantes do noso ciclo superior de Administración e Finanzas están liberadas, polo que se abre un prazo de matrícula directa ata o día 27 de setembro ás 13:00 horas.
A matrícula realizarase por orde de chegada ata esgotar as prazas, coa única condición de acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación que se indica máis abaixo.
Podes obter máis información sobre ciclos liberados no portal de FP da Consellería de Educación.
Documentación a achegar para a matrícula en prazas liberadas:
- Anexo I (solicitude de admisión) cuberto
- DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
- Recibo do seguro escolar (pagar 1,12€ en Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
- Tarxeta sanitaria
- Tres fotografías tamaño carné
- Certificación académica acreditativa do requisito de acceso
Máis información:
Para máis información contacta co IES Perdouro:
- Teléfono: 982 870 102
- Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
- Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
- GPS: 43.652140, -7.357292
Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación