Skip to Content

Admisión a Ciclos Formativos: solicitudes do 1 ao 9 de setembro

Se desexas obter praza nun ciclo formativo para o curso 2021/2022, debes presentar a túa solicitude durante o período extraordinario, desde o día 1 ao 9 de setembro (ás 13h). No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión.

Neste centro ofrecémosche catro ciclos de grao medio (Instalacións de telecomunicacións, Mecanizado, Peiteado e cosmética capilar, Xestión administrativa) e un de grao superior (Administración e Finanzas). Infórmate sobre a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro.

FP Dual. Agora tamén podes cursar calquera dos ciclos de grao medio do IES Perdouro en modalidade Dual (polo réxime ordinario):

  • Con seis meses de formación en empresa
  • Cobrando unha remuneración
  • De alta na Seguridade Social
  • Con unha maior probabilidade de obter un contrato de traballo ao finalizar
  • Sen requisitos de idade

Solicitude: do 1 ao 9 de setembro ás 13h

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada, a aplicación informática emite un impreso de solicitude e indícache se debes presentalo na secretaría dun centro de secundaria e qué documentación terás que achegar. Para realizar a solicitude web accede á aplicación en liña e ás instrucións. Se precisas axuda non dubides en contactar ou acudir á secretaría do IES Perdouro.

Atención á publicación das listaxes

Despois de presentar a solicitude deberás prestar atención ás listaxes que publicará a Consellería:

  • Listaxe provisional de solicitudes: día 14 de setembro (reclamación do 14 ao 16 ás 13h)
  • Listaxe definitiva de solicitudes: día 21 de setembro
  • Listaxe da 2ª adxudicación: día 21 de setembro

Matrícula ou renuncia á praza: do 21 ao 24 de setembro

Publicada a listaxe de adxudicación, deberás acudir á secretaría do centro que che foi adxudicado, do 21 ao 24 de setembro ás 13h, para matricularte ou renunciar á praza co fin de seguir optando ás que solicitache con maior preferencia.

Matrícula directa en prazas liberadas

Máis adiante (a partir do 21 de setembro) liberaranse as prazas vacantes e poderás matricularte directamente (por orde de chegada ata esgotar as prazas).


Máis información

O portal de FP da Consellería de Educación ofréceche toda a información necesaria:

  •  Oferta de FP en toda Galicia e para todos os réximes
  •  Folletos informativos sobre as familias profesionais e ciclos
  •  Instrucións xerais do proceso de admisión
  •  Calendario do proceso de admisión
  •  Instrucións para realizar a solicitude web
  •  Normativa
  •  Seguimento das listaxes publicadas
  •  Etc

Datos de contacto do IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

Oferta educativa de FP no IES Perdouro

Folletos informativos:

Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos.

 


page | by Dr. Radut