Vén de ser publicada a resolución dos contratos-programa 2018/2019, pola que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aproba por sexto ano consecutivo o Plan de Mellora do Éxito Escolar do noso centro, achegando nesta ocasión unha financiación de 4.900 euros.
No plan participan un total de 18 departamentos e equipos docentes do centro e desenvolve cinco actuacións das sete posibles, acadando a todo o alumnao de ESO e Bacharelato e boa parte do de Ciclos formativos e de FP Básica. A continuación detállanse as actuacións que se abordan:
Actuación | Nº Alumnado implicado | Cursos | Nº Docentes implicados | Departamentos |
1. PROA (ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR FÓRA DO HORARIO LECTIVO) | 30 |
1º ESO |
(docentes externos) | -- |
2a. MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE. COMPETENCIA MATEMÁTICA | 85 | 1º ESO 4º ESO |
4 | Matemáticas Tecnoloxía |
2b. MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA | 197 | ESO | 17 | Biblioteca Equipo_Dinamiz. Lingua_Galega Lingua_Castelá Xeografía_e_Hist Administr_e_Finanzas Electrónica |
2c. MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE. COMPETENCIAS BÁSICAS EN CIENCIA E TECNOLOXÍA | 121 | 2º ESO 3º ESO 4º ESO |
9 | Bioloxía_e_Xeoloxía Física_e_Química Matemáticas Tecnoloxía |
3. MELLORA DA CONVIVENCIA E PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CENTROS | 212 | ESO Bacharelato Ciclos_Format 1º FP Básica |
32 | Biblioteca Educ_Física Educ_Plástica Lingua_Castelá Orientación Electrónica Relixión_Católica Vicedirección Orientación Equipo_Dinamiz. Lingua_Galega Titores/as |
5. MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA | 35 | 3º ESO 4º ESO |
2 | Francés |
7. REFORZO DE COMPETENCIAS CLAVE EN 3º E 4º DE ESO E FP BÁSICA | 19 | 3º ESO 4º ESO 1º FP Básica |
(docentes externos) | -- |
A iniciativa de contratos-programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se poida, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, especialmente a competencia matemática, mellorar a convivencia, promover a igualdade de xénero, afondar no logro da excelencia educativa, reducir as taxas de abandono escolar temperá así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación.
En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que lago, contribuír á mellara da calidade do sistema educativo de Galicia.
Convocatoria para o curso 2018-2019
Resolución do 8 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2018/19, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Breve descrición das actuacións contempladas pola convocatoria da Consellería de Educación, Universidade de Formación Profesional:
1.Reforzo, orientación e apoio (PROA), modalidade de acompañamento escolar fóra do horario lectivo.
Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.
2. Mellora das competencias clave. Modalidade dentro do horario lectivo.
Esta actuación incorporará todas aquelas medidas que incidan na mellora das competencias nas áreas instrumentais básicas, priorizando as dirixidas ao desenvolvemento da competencia matemática.
Con esta finalidade de priorizar as accións para a mellora da competencia matemática, o desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta competencia, podendo incluír tamén actuacións para a mellora da competencia en comunicación lingüística e/ou competencias clave en ciencia e tecnoloxía.
As medidas comprendidas neste programa serán desenvolvidas por profesorado do centro dentro do horario lectivo.
3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
Esta actuación incluirá todas aquelas accións que repercutan e interveñan na mellara do clima escolar e das relacións entre os membros da comunidade educativa. Farase fincapé en tres eixes clave: Inclusión, Convivencia e Igualdade.
4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.
Con esta actuación trátase de reducir a taxa de abandono escolar e dos niveis de absentismo. Para isto desenvolveranse medidas específicas nas zonas con menor índice de graduación na ESO e maiores taxas de abandono escolar.
5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.
Con esta actuación tratarase de darlle resposta ao alumnado con maior motivación para aprender. Supón unha medida de atención á diversidade na que se desenvolverán iniciativas de afondamento nos coñecementos do alumnado. Esta actuación poderá integrar alumnado dos centros educativos do seu contorno.
Estas iniciativas traduciranse na planificación de diferentes obradoiros nos que ao longo do curso se traballará de forma cooperativa nun proxecto co fin de obter un produto final. Pódense canalizar a través desta vía as semanas culturais ou científicas, a participación en programas educativos externos ao centro e, en xeral, o traballo por proxectos.
6. Mellora da calidade na xestión dos centros.
Trátase dun conxunto de medidas ou actividades destinadas a mellorar a xestión dos centros educativos, a partir da reflexión e a toma de decisións baseadas na avaliación dos procedementos que se desenvolven neles.
7. Reforzo de competencias clave en 3° e 4° de ESO e formación profesional básica. Modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.
O desenvolvemento desta actuación suporá a creación de grupos de reforzo da competencia matemática, da competencia en comunicación lingüística e/ou das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Cada grupo terá entre 5 e 10 alumnos/as que recibirán clases de reforzo fóra do horario lectivo, catro horas á semana, en sesións de dúas horas, preferentemente en días alternos, impartidas por profesorado de ensino secundario. Priorizarase a competencia matemática.