O IES Perdouro non dispón de servizo de transporte escolar oficial, ao non darse os requisitos de distancias dentro da súa área de influencia. Non obstante, existen transportes de liña regular ou discrecionais que se poden utilizar.
Alumnado de Burela:
Para o alumnado de Burela, a empresa Autos Morán ofrece un servizo privado de transporte tanto para a ida como para o retorno do instituto. Para solicitalo deben contactar directamente coa empresa (Tlfno: 982521208, móbil: 627673368, correo electrónico: moran@morangrupo.es)
Alumnado doutras poboacións da Mariña:
Existen liñas regulares de transporte público que poden ser adecuadas para desprazarse ao centro educativo. Na actualidade presta este servizo a empresa Arriva Galicia (Teléfono: 981 33 00 46). Poden consultar os horarios e paradas nas seguintes ligazóns (existe unha parada xunto ao Hospital da Costa, moi cerca do IES Perdouro):
En ocasións, son os concellos os que organizan liñas de transporte para estudantes ou ben conceden axudas para o mesmo. Consulta algunhas das axudas que ofrecen os concellos (agradecemos que os consistorios que o desexen nos faciliten información por correo electrónico, no enderezo ies.perdouro@edu.xunta.gal).
Outra opción é a de que o alumnado dunha determinada área se organice para contratar un servizo privado de transporte con algunha das empresas que se citan nesta páxina.
Por último, pódese valorar a alternativa do ferrocarril de FEVE, (teléfono 912 320 320) que percorre a Mariña pola costa desde Ferrol ata Asturias.
Directorio de empresas de transporte de pasaxeiros:
Empresa |
Teléfonos e correo electrónico |
Arriva Galicia |
Teléfono: 981 33 00 46 |
Autobuses de Viveiro – Otero, S.L. |
Móbil (Principal): 609435571 |
Autocares O Rápido (Mondoñedo) |
Teléfono: 982 50 74 00 |
Autocares Rodríguez (Foz) |
Teléfono: 982 132 834 |
Autos Morán (Mondoñedo) |
Tlfno: 982521208 |
Transporte Público de Galicia |
Teléfono: 988 68 78 00 |
FEVE |
Teléfono: 912 320 320 |