Skip to Content

Admisión a Ciclos Formativos: do 25 de xuño ao 3 de xullo

Se desexas obter praza nun ciclo formativo de formación profesional para o curso 2018/2019, debes presentar a túa solicitude durante o período ordinario, desde o día 25 de xuño ata as 13h do 3 de xullo (haberá un período extraordinario do 3 ao 11 de setembro).

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro, que en resumo é a seguinte:

  • Ciclos medios: Instalacións de telecomunicacións, Mecanizado, Peiteados e cosmética capilar, Xestión administrativa
  • Ciclo superior: Administración e finanzas.

No portal de FP da Consellería de Educación podes consultar a información xeral sobre o proceso de admisión, que inclúe as instrucións xerais e o calendario.

Solicitude: do 25 de xuño ao 3 de xullo ás 13h

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario. Logo de realizada, a aplicación informática emite un impreso de solicitude e indícache se debes presentalo na secretaría dun centro de secundaria e qué documentación terás que achegar. Para realizar a solicitude web accede á aplicación en liña e ás instrucións. Se precisas axuda non dubides en contactar ou acudir á secretaría do IES Perdouro.

Atención á publicación das listaxes

Despois de presentar a solicitude deberás prestar atención ás listaxes que publicará a Consellería:

  • Listaxe provisional de solicitudes: día 6 de xullo (reclamación do 6 ao 10 ás 13h)
  • Listaxe definitiva de solicitudes: día 17 de xullo
  • Listaxe da 1ª adxudicación: día 17 de xullo

Matrícula ou renuncia á praza: do 17 ao 24 de xullo

Publicada a listaxe de adxudicación, deberás acudir á secretaría do centro que che foi adxudicado, do 17 ao 24 de xullo ás 13h, para matricularte ou renunciar á praza co fin de seguir optando ás que solicitache con maior preferencia.

Matrícula directa en prazas liberadas

Máis adiante (a partir do 24 de xullo) liberaranse as prazas vacantes e poderás matricularte directamente, pero dependerá de que existan prazas vacantes.


Máis información

O portal de FP da Consellería de Educación ofréceche toda a información necesaria:

  •  Oferta de FP en toda Galicia e para todos os réximes
  •  Folletos informativos sobre as familias profesionais e ciclos
  •  Instrucións xerais do proceso de admisión
  •  Calendario do proceso de admisión
  •  Instrucións para realizar a solicitude web
  •  Normativa
  •  Seguimento das listaxes publicadas
  •  Etc.

Datos de contacto do IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

 

Oferta educativa de FP no IES Perdouro

Folletos informativos:

Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut