Skip to Content

Matrícula DIRECTA en prazas vacantes liberadas de ciclos formativos

Matrícula directa en prazas vacantes liberadas:

(A partir do martes 26 ata as 13:00 h do venres 29)

Se non che foi adxudicada unha praza tamén podes matricularte directamente nas prazas vacantes (nº limitado) ata o día 29 de setembro. A matrícula realizarase por orde de chegada, só con acreditar os requisitos de acceso e presentar a documentación indicada máis abaixo.

Consulta a listaxe de ciclos con prazas vacantes liberadas.

Documentación a achegar para a matrícula en prazas liberadas:

  • Anexo I (solicitude de admisión) cuberto
  • DNI ou NIE da persoa solicitante (no seu defecto, pasaporte ou documento da UE)
  • Recibo do seguro escolar (pagar 1,12€ en Abanca: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
  • Tarxeta sanitaria
  • Tres fotografías tamaño carné
  • Certificación académica acreditativa do requisito de acceso

Máis información:

Para máis información contacta co IES Perdouro:

  • Teléfono: 982 870 102
  • Correo electrónico: ies.perdouro@edu.xunta.es
  • Rúa do Instituto, s/n; 27880 Burela (Lugo)
  • GPS: 43.652140, -7.357292

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro

Tamén podes visitar o portal de FP da Consellería de Cultura e Educación



page | by Dr. Radut