Skip to Content

Alumnos do IES Perdouro na final do YoungBusiness Talents por segundo ano consecutivo

Un grupo de alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa do IES Perdouro está clasificado para a final nacional do concurso Young Business Talents que se celebrara o próximo 31 de marzo en Madrid. O Young Business Talents é unha competición empresarial virtual organizada por Praxis MMT, NIVEA E ESIC, na que os estudantes desenvolven diversas habilidades como o tratamento da información, a dirección dunha empresa ficticia, o manexo eficaz da tecnoloxía, o traballo en equipo, a elaboración de xuízos e toma de decisións razoadas, etc.


page | by Dr. Radut