Os días 3, 4 e 6 de xuño, os alumnos de 2º ano do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro de Burela visitaron, acompañados polos seus profesores, á Feira Bienal da Máquina-Ferramenta de Bilbao co propósito de coñocer a oferta nacional e internacional das máquinas especiais. Foron testemuñas das exhibicións do mundo da industria máis punteira e do crecemento da competitividade das empresas. Esta feira engloba eventos altamente especializados onde se presentan as solucións e innovacións para toda a cadea de valor industrial. A Feira Internacional de Máquina Ferramenta de Bilbao referente a nivel nacional e terceira feira máis importante de Europa na súa especialidade, presentou todas as novidades en maquinaria, ferramentas, compoñentes e accesorios, automatización, metroloxía, control de calidade, soldadura, corte e oxicorte, e equipos hidráulicos e neumáticos. Foi a oportunidade para os alumnos do IES Perdouro, futuros profesionais do sector de mecanizado, de estar ao día en canto a innovación e desenvolvemento cos que se atoparán no seu próximo mundo laboral.
Ampliando coñecemento no sector da maquinaria e ferramenta
Un grupo de alumnos do 2º ano co Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro de Burela visita a Feira internacional de Maquinaria e Ferramenta de Bilbao
- 311 lecturas