Nesta ocasión o alumnado de 4º de música fomos á Coruña para poder acudir ao concerto didáctico “A Batalla”, da man de
Lidia Botana (máis coñecida nas redes como “Bolboreta”), e os rapeiros canarios chamados
Tazz Yeah e
Zerpa; ambos coincidiron nas batallas dos MCs de Red Bull.
Chegamos con máis dunha hora de antelación e deixáronnos algún tempo libre.
O concerto comezou ás 12:00h e iniciouse cos rapeiros entrando na sala vestidos cun hábito negro a ritmo de música de terror. Ningún deles pisara Galicia antes. O público fomos o xurado; había centros de sitios tales como Fisterra, A Pastoriza, Arteixo e A Coruña entre outros.
O concerto dividiuse en cinco roldas:
Na primeira rolda, alguén do público, de maneira voluntaria, dicía unha palabra, que era apuntada nun encerado branco e tiñan que improvisar con ellas. As palabras que saíron foron: esperanza, esternocleidomastoideo, foca, pan e dominó. Esta rolda e todas as seguintes duraron dous minutos. Nesta ronda empataron.
Na segunda rolda, foron dous alumnos de centros diferentes sacar obxectos dunha caixa e con eles facían as súas rimas. O gañador foi Tazz Yeah.