Skip to Content

Pagina nueva 1

     

AUTORIZACIÓN RECOLLIDA INVITACIÓN GRADUACIÓN

INFO ABAU - CIUG 2023

  

PÁXINA WEB DE REFERENCIA

CIUG

NOS FICHEIROS ADXUNTOS PODEN ATOPAR INFORMACIÓN CONCRETA

AXUDAS MATERIAL FONDOLIBROS

  Acceso á aplicación para solicitar axudas para adquisición de  material escolar para o curso 23/24

 

PRAZO SOLICITUDES:

20 MAIO - 21 XUÑO

Nos ficheiros adxuntos achegamos a Orde e Preguntas Frecuentes.

BECAS MEC

Becas Cursos de Inglés en Irlanda

 10ª convocatoria de Becas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído.

Constan dun lote global de 20 becas dirixidas a estudiantes universitarios, de secundaria, bachillerato ou formación profesional cunha dotación presupostaria aportada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

 

PRAZO DE SOLICITUDE DA BECA

Ata as 23.59 horas do 19 de abril de 2023.

ACCESO Á CONVOCATORIA

 

Convocatoria premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

ORDE do 7 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311B).

DOG COAS BASES DA CONVOCATORIA EN DOCUMENTO ADXUNTO

PRAZO ATA O 20-04-23

ACTO DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe ás 14:00h convocouse un acto de repulsa contra a violencia machista ao que asistiu toda  a comunidade educativa do IES Pedro Floriani.

A nosa comunidade quere mostrar a solidaridade coas vítimas deste tipo de violencia e está especialmente consternada e afectada pola salvaxe acción cometida por parte do detido como presunto agresor.

O noso equipo de orientación, todo o profesorado e a dirección do centro ofrecemos ao alumnado que así o precise toda canta axuda poidamos prestarlle.

Repudiamos e lamentamos este, e calquera outro acto violento que teña lugar na nosa sociedade. Estamos aquí para  educar en xustiza social, na paz , en igualdade e en valores e non imos tolerar nunca actos violentos.

Enviamos as nosas máis sentidas condolencias á familia da vítima e dende esta comunidade educativa seguiremos loitando a través da educación para que  actos coma este non volvan suceder NIN UNHA SOA VEZ MÁIS.

O noso obxectivo é : VIOLENCIA CERO.

RECUPERACIÓN MÓDULOS PENDENTES DE 1º CURSO

O alumnado de 2º curso de CM de Instalacións de Telecomunicación con módulos pendentes de 1º curso ten os exames de recuperación os seguintes días: martes 31 de xaneiro, martes 7 de febreiro, martes 14 de febreiro e martes 21 de febreiro dende as 18:30h ata as 20:30h no Taller 1 do edificio de electrónica.

Solicitudes de ADMISIÓN centros Adscritos Curso 23 24 ESO e Bacharelato

Solicitude de Admisión

Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación (QUE APARECEN NA APLICACIÓN):

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos (GALEGO) (CASTELÁN) , cubrilos e presentalos firmados no centro.

TODO o  alumnado dos centros adscritos que realizou a reserva de praza para comezar o vindeiro curso 23-24

foi admitido.

As listaxes deste alumnado con posto reservado estará publicada no taboleiro do centro dende o 22 de febreiro.

(Artigo 9 e 29 da Orde 21/09/22)

NOS ARCHIVOS ADXUNTOS ACHEGAMOS O DECRETO E A ORDE QUE REGULAN O PROCEDEMENTO

Todo o alumnado deberá formalizar a matrícula nos prazos establecidos.

Acceso á aplicación

Distribuir contido


by Dr. Radut