Skip to Content

Pagina nueva 1

     

Reunión dinamización lingüística

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL

Folleto informativo para as familias Curso 2024-25

Os portátiles facilitados ó alumnado teñen un soporte técnico de xeito remoto durante as 24 horas do día, os 7 días da semana a través:

- Do teléfono 881 86 99 00

- De xeito remoto no correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

- Do WhatsApp no número 604 06 78 56

- Do Telegram na conta @Serviciopremiunedixgal

A maiores as familias  que o desexen poderán contratar un seguro anual que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía por un custe anual de 49€ (ver adxunto)

RENOVACIÓN 2024 DO CONSELLO ESCOLAR: Participa, VOTA

Consello Escolar: RENOVACIÓN 2024

Participa: VOTA

QUE É O CONSELLO ESCOLAR?

É o órgano de participación dos distintos membros da comunidade escolar na xestión do centro

COMPOSICIÓN

MEMBROS NATOS:

O director, que é O presidente

As xefas de estudos (diurno e nocturno).

O secretario, que actúa como secretario do Consello, con voz, pero sen voto

 

MEMBROS ELIXIBLES:

Sete profesores elixidos polo Claustro.

Tres representantes de país e nais (un proposto pola ANPA).

Catro representantes do alumnado.

Un representante do persoal de administración e servizos.

OUTROS:

Un representante do Concello

.

COMO TRABALLA?

Reúnese, previa convocatoria, para tratar os temas que se anuncian na mesma. As reunións acostuman a ser trimestrais, ademais das que sexan precisas ao longo do curso.

 

COMPETENCIAS:

- Aprobar e avaliar o proxecto educativo, de xestión e as normas de organización, funcionamento e convivencia do centro.

- Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro.

- Coñecer ás candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados.

- Participar na selección do director ou directora...

- Decidir sobre a admisión de alumnado

- Impulsar a adopción e seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia

- Propoñer medidas e iniciativas que favorezan estilos de vida saudable, convivencia, igualdade...

- Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando porque se cingan á normativa vixente

- Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios.

- Fixar as directrices para a colaboración con fins educativos e culturais, coas Administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

- Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, evolución do rendemento escolar e resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

- Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración, sobre o funcionamento do centro e a mellora na calidade da xestión

 

RENOVACIÓN

No presente proceso electoral corresponde elixir:

4 representantes do profesorado.

3 representantes do alumnado.

1 representante de pais/nais/representantes legais.

1 representante do persoal de administración e servizos

 

ORGANIZACIÓN ELECCIÓNS

Corresponde á Xunta Electoral conforme ao calendario establecido na Resolución do 10 de setiembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

.

FORMA DE PARTICIPACIÓN:

Candidato: Todos os traballadores do centro, alumnado matriculado e os seus pais e nais ou titores legais que voluntariamente queiran presentar a súa candidatura para representar os distintos sectores.

Participando nas votacións: O voto será directo, secreto e non delegable. Será preciso acreditar a personalidade mediante a presentación do DNI ou calquera outro documento acreditativo.

As diferentes mesas electorais encargaranse de presidir a votación, conservar a orde, velar pola pureza do sufraxio e realizar o escrutinio.

Mesa de pais/nais: directora do centro + 4 pais/nais designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos.

Mesa alumnado: directora do centro + 2 alumnos/as designados/as por sorteo.

Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais e alumnado propostos pola ANPA ou avalados pola sinatura de 10 electores.

 

A Resolución do 10 de setembro de 2024 estableceu o calendario para a realización de eleccións de membros do consello escolar no que destacan as seguintes datas:

Día 30 de Outubro

Publicacións das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais, alumnado e persoal de administración e servizos.

Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.

Envío de escritos ao Concello solicitándolles a designación dos seus representantes.

Día 11 de Novembro

Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.

Aprobación definitiva de censos electoral, unha vez resoltas as posibles reclamacións.

Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.

Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

Día 14 de Novembro 

Reunión para resolver posibles reclamacións de candidaturas.

Día 18 de Novembro

Celebración das votacións (se se modificara o día dalgunha das votacións, informarase os interesados/as).

Día 25 de Novembro

Proclamación de candidatos electos.

Traslado ao xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades das copias de actas das votacións efectuadas.

 

 

 

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE BACHARELATO E CICLO BÁSICO

A xuntanza de inicio de curso coas familias do alumnado de Bacharelato e Ciclo Básico terá lugar o vindeiro luns día 28 de outubro de 2024, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de Bacharelato
  • 19:00 h. 2º de Bacharelato
  • 19:30 h. 1º e 2º de Ciclo Básico

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.

Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.

CALENDARIO DE AVALACIÓNS CURSO 2024-25

CONCURSO DE SAMAIN DE PODCASTS E VIDEOS TERRORÍFICOS

CONCURSOS DE SAMAIN DE SOBREMESAS

ANPA IES PEDRO FLORIANI

Que é a ANPA?

É a asociación de nais e pais do alumnado do IES PEDRO FLORIANI. A asociación sérvenos como órgano de representación ante os órganos municipais e ante a Dirección e o Profesorado do centro, con quen podemos colaborar para a mellora da súa xestión, en beneficio da educación dos nosos fillos e fillas. O ANPA ten representación no Consello Escolar e colabora coas ANPAS doutros centros.

Que fai a ANPA?

A pretensión desta asociación é mellorar a comunicación entre a asociación e todos as persoas que se relacionan co centro, así como servir de axuda e colaboración nas actividades do mesmo.

Ademais, comeza un novo curso no que entre todos/as, pais/nais e centro, podamos colaborar para que os nosos fillos/as poidan ter a mellor calidade e benestar no centro por encima de calquera tipo de interese persoal.

ASÓCIATE, É IMPORTANTE!

Vantaxes:

Todo o alumnado, cuxos pais/nais estean ao corrente do recibo da ANPA, recibirán axudas para saídas, excursións, intercambios e agasallos.

Como podo facerme socio/a?

Realiza o ingreso na conta da Anpa, indicando o nome completo do alumno/a e o curso (importantísimo). A cota anual é de 15 € por familia. Enviar xustificante de pago ao telefono da Anpa. Indicar un número de móbil de contacto, para poder enviar os nosos avisos.

Como podo contactar coa ANPA?

Teléfono: 633433726

Email: anpasantamarina.floriani@gmail.com

Facebook: anpa florian

SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Comunicámosvos que o vindeiro venres 18 de outubro ás 11:30, no salón de actos, procederase ao sorteo para a formación da Xunta electoral co motivo da renovación do Consello Escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut