Skip to Content

blogue deadmin

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA ADULTOS

AVISO PARA O ALUMNADO DE TRANSPORTE ESCOLAR DE BACHARELATO E CICLOS

Mañá mércores, 18 de setembro, os autobuses das liñas do IES Pedro Floriani faranse cargo de todo o alumnado solicitante de transporte.

O alumnado deberá dirixirse á parada solicitada e alí subirase ao autobús, sempre que hoxe non se lle comunicara por abalar que teñen adxudicado un taxi do concello.

Rogamos recorden ao alumnado da ESO, leven sempre o carné do bus. (Excepto aquel que está pendente de él)

Calquera incidencia a podedes comunicar aquí no centro.

Un saúdo

FORMULARIO PARA AUTORIZAR A SAÍDA DE ALUMNADO DE BACHARELATO E CICLOS (agás Ciclos Básicos)

Neste enlace teñen acceso ao formulario para autorizar ao alumnado maior de 16 anos (e menor de 18) a sair do centro na hora do recreo e tamén nas primeiras ou últimas horas sempre que o profesorado avisara previamente da súa ausencia e sempre con previo aviso ao profesorado de garda

TRANSPORTE ESCOLAR NO INICIO DO CURSO 2024-25

Informamos que o uso do transporte escolar está dispoñible, ata novo aviso, soamente para o alumnado autorizado. Insistimos, soamente alumnado que na aplicación de abalar, teña concedida a praza. Obrigatorio presentar carné para subir (excepto aqueles que non teñen aínda e dos que se lle pasará a información aos conductores/as)

En canto ao alumnado de Bacharelato, Ciclos Medios ou Superiores, decir que estamos a espera da solución que será aportada en breve pola colaboración do Concello, Xunta e ANPA e que nos será comunicada nestes días. Rogamos mentras tanto non empreguen os autobuses escolares.

ENLACE Á NORMATIVA 24-25 DE USO DE AUTOBÚS ESCOLAR

Aproveitamos para dar a benvida a todo o alumnado a este novo curso 2024/2025, e pregamos paciencia polas incidencias que podan surxir por as obras de ampliación que están a ter lugar no recinto do centro.

Un saúdo.

Equipo Directivo IES Pedro Floriani.

CALENDARIO EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 2º BACHARELATO

aval extraord 2 bach

Dia 23 de xuño de 9 a 10h sesións avaliación e ás 14:30h publicación de notas por Abalar.

Reclamacións Convocatoria Extraordinaria, na secretaría do IES, os días  24 e 25 xuño ata ás 14:00h.

ADAPTACIÓNS ÁS PROGRAMACIÓNS TERCEIRO TRIMESTRE

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quedan publicadas nesta web as adaptacións das Programacións Didácticas referidas a dito trimestre, as cales poden consultar  NESTE ENLACE , por Departamentos Didácticos.

TAREFAS TERCEIRA AVALIACIÓN

SEMANA 15-19 XUÑO

Neste enlace podedes atopar as actividades e tarefas para esta semana. Están clasificadas por curso e por materias. Cada luns serán actualizadas.

Estamos xa na semana final do curso. Queremos felicitar a todo o alumnado que se esforzou semana a semana para realizar todas as tarefas.

Recordade que os correos e enlaces do profesorado están no taboleiro  "Conectados na Corentena".

Moito ánimo a todos e todas!

CESE ACTIVIDADE DOCENTE

Prezado alumnado e familias,

Durante o período vacacional de Semana Santa, do 6 ó 13 de abril, e seguindo as instrucións remitidas pola Consellería de Educación, suspenderemos as actividades docentes, e non se enviarán tarefas obrigatorias ó alumnado.

Continuaremos publicando a información que consideremos de interese a través desta páxina e dende o noso Facebook.

A dirección e o profesorado do IES Pedro Floriani desexámosvos que pasedes estes días con ánimo, tranquilidade e optimismo.

Saúde e forza!!

Distribuir contido


by Dr. Radut