Solicitude de Admisión
Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación (QUE APARECEN NA APLICACIÓN):
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación). -
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos (GALEGO) (CASTELÁN) , cubrilos e presentalos firmados no centro.
TODO o alumnado dos centros adscritos que realizou a reserva de praza para comezar o vindeiro curso 23-24
foi admitido.
As listaxes deste alumnado con posto reservado estará publicada no taboleiro do centro dende o 22 de febreiro.
(Artigo 9 e 29 da Orde 21/09/22)
NOS ARCHIVOS ADXUNTOS ACHEGAMOS O DECRETO E A ORDE QUE REGULAN O PROCEDEMENTO
Todo o alumnado deberá formalizar a matrícula nos prazos establecidos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Decreto 13 2022 admisión alumnado.pdf | 549.84 KB |
Orde 21 outubro 22 de procedemento admisión alumnado.pdf | 1.6 MB |