Hoxe ás 14:00h convocouse un acto de repulsa contra a violencia machista ao que asistiu toda a comunidade educativa do IES Pedro Floriani.
A nosa comunidade quere mostrar a solidaridade coas vítimas deste tipo de violencia e está especialmente consternada e afectada pola salvaxe acción cometida por parte do detido como presunto agresor.
O noso equipo de orientación, todo o profesorado e a dirección do centro ofrecemos ao alumnado que así o precise toda canta axuda poidamos prestarlle.
Repudiamos e lamentamos este, e calquera outro acto violento que teña lugar na nosa sociedade. Estamos aquí para educar en xustiza social, na paz , en igualdade e en valores e non imos tolerar nunca actos violentos.
Enviamos as nosas máis sentidas condolencias á familia da vítima e dende esta comunidade educativa seguiremos loitando a través da educación para que actos coma este non volvan suceder NIN UNHA SOA VEZ MÁIS.
O noso obxectivo é : VIOLENCIA CERO.