É indiscutible o labor formativo e social que, desde hai tantos anos, leva facendo esta entidade no concello. Queremos contribuír ao labor desta escola, promocionando o esforzo dos seus integrantes e divulgando no centro a súa actividade. Cada novo curso escolar recibimos a visita dunha representación dos seus adestradores coincidindo con algunhas clases da materia de Educación Física. Esperamos, así contribuír a seguir alimentando esta escola con novos entusiastas participantes. Ánimo deportistas!...