Unha vez máis e como cada ano, botámonos a andar. Temos por costume realizar unha andaina nas primeiras datas de cada curso. Todo o alumnado e o profesorado goza desta xornada coñecendo itinerarios e lugares tan pintorescos como os que hai nesta bisbarra da Costa da Morte. Impera a distensión, a comunicación fluída e relaxada, o movemento e o ambiente festivo. É unha oportunidade única na que convivimos os habituais e os novos no centro, tanto alumnos como profesores. Ninguén é un extraño a partires desta xornada!... e todo, grazas á acitividade física.
Nesta ocasión realizamos o itinerario desde Cabo Touriñán ata a Praia de Nemiña…espectacular !!!