Skip to Content

RECREOS ACTIVOS

 

Nas últimas décadas a proliferación de diversas actividades físicas e deportivas na nosa sociedade actual é un feito. Tratando de trasladar esta realidade ao noso alumnado, desde o departamento de Educación Física pretendemos ofertar a maior variedade de actividades físicas que nos sexa posible. Constantemente estamos a adquirir novos materiais deportivos e tratando de darlle novos usos ás instalacións e espazos dispoñibles co fin de enriquecer as opcións de práctica deportiva entre o noso alumnado. Nesta liña, ofertamos nos tempos de lecer opcións moi diversas de prácticas físicas: actividades rítmicas, patinaxe, frontenis, bádminton, tenis de mesa, pas, hóckey, baloncesto, voleibol….e incluso, fútbol!

  
 

 


 

 
   
 


page | by Dr. Radut