Skip to Content

Preparando o 8M I: Os mitos do amor romántico

A charla impartida en 1º da ESO pola asociación FADEMUR consistiu nunha aproximación aos mitos do amor romántico. Para iso, comezouse por cuestionar que é o amor, como forma de entender que vai máis alá do existente nunha parella. A partir de aquí, a través de clips de programas de televisión actuais (como La isla de las tentaciones), series non tan recentes (como Friends), películas destinadas á adolescencia (como Crepúsculo ou Tres metros sobre el cielo) ou á infancia (como La bella y la bestia ou calquera na que aparezan as princesas de Disney) e memes que circulan nas redes sociais fóronse mostrando e desmitificando todas esas ideas que socioculturalmente asociamos ao amor das parellas, no que o romanticismo é unha manifestación máis da violencia machista: o control das redes sociais, os celos, o illamento, o soportar os malos tratos (nas súas múltiples formas) e a idea da predestinación da media laranxa. Como ben se dicía, non existe un libro que nos ensine sobre o amor, pero si múltiples mensaxes que nos encamiñan a relacións de desigualdade e violencia. Por iso, é necesario recoñecer os mitos para construír vínculos libres. 

Notas para a lectura de El Caballero de las botas azules

A profesora da Universidade de Bangor (Gales), Helena Miguélez Carballeira, estivo no noso centro para lle falar ao alumnado de 1º de BACH da prosa rosaliana, centrándose máis concretamente, en El caballero de las botas azules. A través desta peza narrativa a profesora Miguélez descubriunos unha Rosalía combativa coa novidade, co consumo de masas e moi dura co novo sistema económico que empezaba a emerxer: o capitalismo

NEGRA SOMBRA

O alumnado de 1º de ESO do noso centro sumouse á proposta da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía e realizou a coreografía para conmemorar esta importante data.

Vacantes curso 2021/2022

1º ESO23
2º ESO18
3º ESO15
4º ESO24
1º BACH. CIENCIAS24
1º BACH. HUMANIDADES e CCSS8
2º BACH. CIENCIAS22
2º BACH. HUMANIDADES e CCSS19

 

Prazo de presentación de solicitudes: Do 1 ao 22 de marzo de 2021.

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización no ano 2021.

 

Podes atopar toda a información aquí

Resultado do Taller "O Home que queres ser"

Durante o mes de novembro desenvolveuse un taller sobre as novas masculinidades durante as clases de plástica de 3º da ESO. O resultado dese proceso foi a elaboración dunhas viñetas relacionadas co tema. Logo organizouse un concurso, no que o xurado, integrado por diferentes membros do Comando Igualdade e Diversidade do centro, escolleu as dúas mellores.

As gañadoras imprimíronse en diferentes soportes: chapas, camisetas, bolsos, mochilas e bolsos e repartíronse entre todo o alumnado do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut