Skip to Content

De onde saen os medicamentos ?

Este luns 22 de marzo acompañounos o profesor da USC, Luís Botana, para ilustrarnos sobre o concepto de medicamento. Da súa man, fixemos un breve percorrido pola historia dos fármacos desde a tríaca até actualidade, deténdonos en determinados momentos históricos como o 1950, data considerada clave para o inicio da farmacoloxía moderna. Tamén aprofundamos na orixe de diversos medicamentos e comprobamos que o xerme de moitos deles é ben diverso: desde os que proceden de plantas, os que se desenvolveron  a partir dos avances no estudo da cor até os xurdidos da mera casualidade. Unha charla ben interesante que rematou centrando a atención sobre os novos retos que se lle abren á industria do medicamento: a loita contra as superbacterias e a resistencia aos antibióticos.

Farmapoesía: Día Mundial da Poesía

Este ano, para celebrar o Día Mundial da Poesía decidimos abrir a farmacia poética e ofrecer poemas como medicamentos. Así, coa rapazada de 1º da ESO e 3º PMAR levamos a cabo un proxecto que consistía en crear un medicamento que nos curase as "doenzas da alma".

Para iso, renomeamos medicamentos coñecidos por todos, creamos os prosprectos e os textos poéticos que nos sandasen de problemas como o medo, o mal de amores, a preguiza... A poesía cura!

Materiais intelixentes

O pasado venres, o profesor da UVIGO, Rubén Figueroa Martínez, impartiulle unha charla ao alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e 1º BACH sobre os materiais intelixentes. A exposición desenvolveuse en tres partes:

Dúas estudiantes de bacharelato participan nunha xornada sobre física de partículas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organizou unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” e denominada “Física de Partículas coas mans”, a masterclass consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. Traballaron con datos reais do CERN.

A práctica, na que participaron dúas estudantes do noso centro,consistíu en aplicar as explicacións recibidas para identificar as partículas elementais segundo a traza que deixaban no detector.;

Manifestación 8M: "Sen coidados non hai vida"

Este ano, con motivo da celebración do 8M, decidimos realizar unha manifestación, mantendo todas as medidas de seguridade, e deixar así patente que seguimos loitando para que a igualdade entre mulleres e homes chegue a ser real. 

Preparando o 8M II: A violencia de xénero: comprendendo, identificando e actuando

A rapazada de 2º da ESO recibiu unha charla sobre a violencia de xénero por parte da asociación FADEMUR. Tratouse de concienciar ao estudantado da formanción en igualdade como estratexia máis eficaz tanto para a prevención da violencia como para crear unha sociedade máis xusta e igualitaria. Así, na charla promoveuse a sensibilización que lles permita detectar a tempo as relacións daniñas que poden afectar á autoestima e ao benestar das persoas. Tamén se centraron na identificación de micromachismos, moitas veces non recoñecidos como violencia, e en ofrecerlles competencias persoais e sociais para relacionarse desde a igualdade e o respecto.
Distribuir contido


by Dr. Radut