Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Visita ós petróglifos de Taboexa

Visita ós petróglifos de Taboexa co alumnado da escola infantil, da man dun proxecto transversal para 1° da ESO coa colaboración de Xosé Lois Vilar do @ieminorans

 

Visita ó Anfaco

O 8 de maio o alumnado de 4° da ESO de economía acudiu a Anfaco da man do programa EduTecEmprende. Agradable visita pero curta. Repetiremos.

 

Visita ó encontro de comandos

O noso recén creado Equipo de igualdade foi convidado ao @encontrodecomandos da provincia de Pontevedra celebrado o pasado venres 26 de abril, onde puideron compartir experiencias e bos momentos.

 

Visita a AulasNewton

O noso alumnado de ciencias de 4° da ESO e de 1° de BAC. acudiu ás #aulasnewton en @tecnopoledivulga e pasárono xenial co simulador de voo e facendo experimentos.

 

Visita a Guimaraes e Ponte de Lima

25 de Avril en Guimaraes e Ponte de Lima. O noso alumnado de portugués de 1° e 2° da ESO pasou un día fantástico en terras portuguesas. Muito obrigado!

 

Saída ao castro de Troña, ao castelo de Sobroso e ao monte da Picaraña

O noso alumnado de 3° da ESO foi o venres pasado a desfrutar do bo tempo cunha saída ao Castro de Troña, ao Castelo de Sobroso e ao monte da Picaraña.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut