Física e química
Departamento de FÍSICA E QUÍMICA
Profesorado
- Feijoo Pérez, David
- Nogueira Serantes, Iago
Xefatura departamento
Programacións (2024 - 2025)
Ciencia que conta
O noso alumnado de ciencias de 4° da ESO e de 1° de BAC. acudiu ás #aulasnewton en @tecnopoledivulga e pasárono xenial co simulador de voo e facendo experimentos. |
| |
|
Esta semana alumnado de 4° ESO e 1° BACH levaron a cabo distintos experimentos para alumnado de 1° e 2°da ESO no laboratorio de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e na @iespazodamerce_biblioteca. |
|
O pasado martes 2 de novembro, día da Ciencia en galego, o alumnado de Física e Química 1º de Bacharelato asistíu á videoconferencia organizada pola Institución Galega de Ciencia ¿Poden pensar as máquinas?, impartida por Senén Barro Ameneiro, director do CITIUS (Centro singular de investigacións Tecnolóxicas). |
|
O pasado xoves 25 de marzo o profesor da Universidade de Vigo, Benito Vázquez, acompañou á rapazada de 1º e 2º de bacharelato para lles falar de como o ollo humano percibe a cor. Para explicoulles a través de diferentes demostracións as diferenzas entre as cores primarias e as secundarias e o concepto de lonxitude de onda. Toda unha marabilla poder contar con José Benito Vázquez quen participa en diversos proxectos de difusión científica, sendo embaixador en España de Scientix, e coordinador do grupo internacional Hands on Science, a máis de participar noutros proxectos como Click on Physics. |
|
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organizou unha xornada ou “Masterclass” de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato. Promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas” e denominada “Física de Partículas coas mans”, a masterclass consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo. Traballaron con datos reais do CERN. A práctica, na que participaron dúas estudantes do noso centro,consistíu en aplicar as explicacións recibidas para identificar as partículas elementais segundo a traza que deixaban no detector.; |