Skip to Content

Estreamos aparcadoiro de bicis

Este curso, o profesor de Educación Física, Miguel Portas, levou adiante unha proposta do alumnado para instalar no IES un párking de bicicletas. A iniciativa está a resultar todo un éxito, pois hai xa bastante alumnado que está a escoller este medio para desprazarse até o IES. Alegrámonos de ter un estudantado propositivo que se preocupa pola mellora das instalacións do centro e que aposta por  un estilo de vida saudable coidando, asemade, o medio ambiente.

25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O día 25N celebramos o noso acto de repulsa contra a lacra da violencia de xénero. O Comando Igualdade e diversidade realizou a pancarta nas aulas de plástica e tamén se encargou da lectura do manifesto. Ese día deixamos claro que neste país non só a Covid mata xente senón que hai unha pandemia chamada machismo que, desde o 2003, xa acabou coa vida de máis de 1000 mulleres. Estes datos expuxémolos publicamente nun contador á entrada do instituto. Con el pretendiamos que o alumnado se decatase de que esas cifras desoladoras invitan a actuar contra esta lacra de maneira contundente, aínda que para ela non se estea a procurar ningunha vacina.

Ademais destes actos, a biblioteca tamén organizou un concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero no que participou un número importante de alumnado.

 

Máis fotos e o vídeo ca lectura do manifesto en ... Leer máis

Falemos de sexo

 

O día 24 de novembro o alumnado de ede Bach, de de Ciclo Medio e ede FP básica asistiron a un taller sobre sexualidade incluído dentro do programa que a Deputación de Pontevedra, a través de Talantea, está a desenvolver no noso centro. Unha experiencia interesante que sempre queda curta pois nunca dá tempo a solucionar todas as cuestións que se formulan.

Día da memoria Trans

 

O pasado 20 de novembro adobiamos o noso patio e recordamos a todas as persoas que foron asasasinadas por seren trans. A rapazada do Comando explicou polas aulas desde cando se celebra este día e por que é necesario pararse a pensar no sufrimento doutras persoas que senten a diario o desprezo por non seren comprendidas.

Charla sobre diversidade afectivo-sexual

 

O 19 de novembro o alumnado de 2º ESO B asistiu a unha charla sobre diversidade afectivo sexual a cargo de Cristina Palacios, presidenta de Arelas. Nela traballaron sobre os conceptos de sexo, xénero e identidade e abundaron no coñecemento da  transexualidade.

 

Obradoiro "O HOME QUE QUERES SER"

Ao longo deste mes de novembro, o alumnado de 3º da ESO participará nun proxecto de igualdade que se desenvolverá durante as horas de Educación Plástica e Visual. O obradoiro, dirixido por Talantea, ten como obxectivo final  a organización dunha campaña de sensibilización que xire en torno ao tema das novas masculinidades.

Pero, para poder chegar até aquí, previamente, realizarase unha contextualización do concepto de masculinidade, realizando un repaso pola súa evolución.

Logo o alumnado dividirase en grupos paritarios para a organización dunha viñeta. Neses deseños gráficos, deben representarse escenas nas que o papel de home se atope afastado do modelo tradicional de masculinidade hexemónica. Polo tanto, os protagonistas serán homes comprometidos coa corresponsabilidade, coa igualdade e co rexeitamento de calquera tipo de violencia cara ás mulleres.

Cando as viñetas estean rematadas, o xurado, formado por uns representates do Comando Igualdade e diversidade do noso IES, elixirán as 6 mellores.  Estas imprimiranse en diferentes soportes e distribuiranse entre o alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut