Todas as nais, pais e titores legais que teñan matriculad@s fill@s no instituto e estean incluídos no censo, podedes acudir ás votacións deste sector que se realizarán o xoves día 21 de novembro, de 12:00 a 14:20 horas.
A mesa electoral será constituída o mesmo día ás 12:00 horas públicamente.
Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 1 nome das candidaturas presentadas, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar mediante a presentación do DNI ou documento acreditativo similar a estes efectos.
O voto será directo, secreto e non delegable.
Ten dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.
Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos que será público e unha vez realizado levantarase acta correspondente para o seu envío á Xunta Electoral do Centro.
A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidesen formular.
Candidaturas presentadas do sector:
- María del Pilar Amil Cambra
- Marta González González
- María del Mar Míguez Moldes
Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán @s nov@s membr@s do consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos as nais/pais do centro a participar nas eleccións.