Skip to Content

Visita ós petróglifos de Taboexa

Visita ós petróglifos de Taboexa co alumnado da escola infantil, da man dun proxecto transversal para 1° da ESO coa colaboración de Xosé Lois Vilar do @ieminorans

 

Taller de poesía

O pasado venres 10 de maio o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nun taller de poesía con @jonatanjorgeg poeta vigués de raíces nevenses.

 

Visita ó Anfaco

O 8 de maio o alumnado de 4° da ESO de economía acudiu a Anfaco da man do programa EduTecEmprende. Agradable visita pero curta. Repetiremos.

 

Visita dos rapaces e rapazas dos nosos centros adscritos

Preparando o curso 24/25 o 6 de maio tocou a tradicional visita dos rapaces e rapazas dos nosos centros adscritos, que comezarán o vindeiro setembro 1° da ESO. Sede benvidos e benvidas ao noso centro!

 

Visita de Claudia da plataforma Unigowig

O 3 de maio pasou pola aula de 2° de bac. Claudia @terraudiovisual para falarlle ao alumnado da plataforma @unigowig, onde poden entrar en contacto con estudantes de grao ou fp para que lles resolvan dúbidas de primeira man.

 

Visita ó encontro de comandos

O noso recén creado Equipo de igualdade foi convidado ao @encontrodecomandos da provincia de Pontevedra celebrado o pasado venres 26 de abril, onde puideron compartir experiencias e bos momentos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut