Skip to Content

Excursións a Andorra e Madeira

A semana antes das vacacións alumnado do IES de 3º, 4º e 1º de bacharelato estiveron de excursión en Andorra e Madeira. 

A xa tradicional excursión a Andorra estivo organizada por Bruno, o noso profe de educación física a quen acompañaron as profesoras Lucía e Laura.

A viaxe a Madeira estivo organizada por Fernando e Miguel, profesores do departamento de Lingua Galega.

 

 

Visita á Feira do Emprego en Oleiros

O alumnado de 2º de DAW do noso IES asitíu a Feira do Emprego que celebrouse o pasado 21 de marzo no municipio de Oleiros, organizada pola Escola de Negocios EFBS. Alí, o alumnado tivo a oportunidade de interactuar con persoal de diferentes empresas de distintos sectores e, principalmente, do sector tecnolóxico.

Curso 24/25 - Becas do "Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes"

Informamos de que están abertos os prazos de solicitude de becas do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.

PRAZOS: 19 de marzo ás 9:00 ata o 10 de maio ás 15:00

Tedes toda a información no seguinte enlace:

Punto laranxa

Xa está dispoñible no instituto o "Punto laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar". O seu funcionamento é moi sinxelo, se estás a sufrir ou coñeces algún caso de acoso ou ciberacoso temos dúas opcións, deixalo na caixa de correo do punto laranxa, na planta baixa, debaixo das escaleiras principais ou podes comunicalo a través do enlace na nosa páxina web do instituto.

22 marzo 2024 - Fin do segundo trimestre do curso

Estimadas familias, chegamos ó fin do segundo trimestre deste curso 2023/2024:

Hoxe o alumnado levará para a casa o boletín de notas, tamén se publicarán por Abalar ás 15:00.

Desexamos teñades bos días de descanso e desconexión.

Vémonos de volta o martes 2 de abril.

Apertas de todo o persoal que traballa no IES Pazo da Mercé.

VI Feira de Ponteareas

Como cada ano, o noso alumnado de FP participou na Feira das Ensinanzas celebrada no Concello de Ponteareas. Nela, baixo a supervisión do seu profesorado, promocionaron os nosos ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes (CM) e Desenvolvemento de Aplicacións Web (CS).
 
Moitos alumnos e alumnas doutros centros mostraron interese polas nosas propostas polo que non descartamos que, nun futuro próximo, formen parte da nosa comunidade educativa.
Distribuir contido


by Dr. Radut