Skip to Content

Novas

Novidades

Fin do curso 2023/2024

Estimadas familias,

O último día de clases deste curso 2023/2024 será este venres 21 de xuño.

O boletín de notas entregarase o mércores 26 de xuño ás 12:00 horas por parte das titoras/es, na aula de referencia. As notas publicaránse simultaneamente no abalarMobil.

Xunto co boletín de notas, @s vos@s fill@s levarán a folla de matrícula para o curso 2024/2025 coa data recomendada por cursos, para acudir ao centro sen aglomeracións.

Desexámosvos un bo descanso estival e vémonos de novo o mércores 11 de setembro.

Un saúdo de todo o persoal do IES Pazo da Mercé

 

DATAS RECOMENDADAS DE MATRÍCULA:

1º ESO - 27 e 28 XUÑO

2º ESO - 1 XULLO

3º ESO - 2 XULLO

4º ESO - 3 XULLO

1º BAC - 4 XULLO

2º BAC - 5 XULLO

MATRÍCULA FORMACIÓN PROFESIONAL:

Do 24 de xuño ata o 4 de xullo

Instrucións AQUÍ

Ou na páxina: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

 

 

 

Axuda material escolar - curso 2024/2025

Orde do 7 de maio de 2024

 Aberto o prazo para a solicitude axuda de material escolar para o curso 2024/2025.

PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño (incluídos)

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS: 12 de xullo

RECLAMACIÓNS: 15 e 16 de xullo

LISTA DEFINITIVA: 26 de xullo

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude cuberta e Anexo II.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando algún dos seguintes medios:
    • Setenza xudicial de separación, divorcio, custodia.
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente. 

Curso 24/25 - Becas do "Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes"

Informamos de que están abertos os prazos de solicitude de becas do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.

PRAZOS: 19 de marzo ás 9:00 ata o 10 de maio ás 15:00

Tedes toda a información no seguinte enlace:

Admisión curso 2024/2025

Prazos do proceso de admisión e matrícula:

 

Presentación de reserva no centro adscrito: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

        TODO O ALUMNADO QUE FIXO A RESERVA TEN PRAZA!

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 29 de febreiro.

Pódese consultar o listado no taboleiro de anuncios no interior do IES.

Renuncia ao posto no centro adscrito: antes do 28 de febreiro.

--> Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo.

Consulta as PRAZAS VACANTES

Documentación xustificativa dos criterios de baremo: 21 de marzo ao 2 de abril.

Data de publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril.

Prazo de reclamacións á listaxe provisional: 26 de abril ao 2 de marzo.

Data de publicación definitiva de admitidos: 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula: 23 de xuño ao 7 de xullo.

Promoción

 

Curso 2023/2024

Publicada a convocatoria 2024 de acceso a ciclos

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Orde do 21 de decembro de 2023

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
Distribuir contido


by Dr. Radut