Skip to Content

XIX Olimpíada de Bioloxía

Parabéns á nosa alumna Lucía González de 2º BAC, que participou na XIX Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) na facultade de @bioloxia_uvigo da @universidadedevigo que organiza o @cobgalicia. Disfrutou da xornada acompañada por Lucía García, a nosa profe de Bioloxía. Noraboa pola experiencia!!

Proxecto Azores Solidarios

Ata o Xoves 21 participamos nunha recollida de material escolar para enviar a Merzouga (Marrocos) en colaboración co proxecto de Azores Solidarios, no que tamén colaboran acd_sanomedio @concelloasneves @efaacancela e os outros centros educativos do concello. Entrega a túa aportación en Secretaría. Convidamos a participar a toda a comunidade educativa. Grazas polas vosas aportacións!

Admisión curso 2024/2025

Prazos do proceso de admisión e matrícula:

 

Presentación de reserva no centro adscrito: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

        TODO O ALUMNADO QUE FIXO A RESERVA TEN PRAZA!

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 29 de febreiro.

Pódese consultar o listado no taboleiro de anuncios no interior do IES.

Renuncia ao posto no centro adscrito: antes do 28 de febreiro.

--> Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo.

Consulta as PRAZAS VACANTES

Documentación xustificativa dos criterios de baremo: 21 de marzo ao 2 de abril.

Data de publicación da listaxe provisional de admitidos: 25 de abril.

Prazo de reclamacións á listaxe provisional: 26 de abril ao 2 de marzo.

Data de publicación definitiva de admitidos: 15 de maio.

Prazo de formalización da matrícula: 23 de xuño ao 7 de xullo.

Visita ó CESGA y ó Observatorio Astronómico Ramón María Aller

Os grupos de 2º de ciclo medio de SMR e 1º de ciclo superior de DAW de informática visitaron ó Centro de supercomputación de Galicia (CESGA) e o observatorio Astronómico Ramón María Aller

XIX Olimpíada de Bioloxía

O alumnado de 2° de bac. de bioloxía participou o pasado venres na fase telemática da XIX Olimpíada de Bioloxía (fase autonómica galega). Unha das participantes resultou seleccionada para participar na competición. 

Visita de Carlos Pérez Collazo

O 25 de xaneiro viu ao pazo Carlos Pérez Collazo, docente no Centro Universitario da Defensa (dependente da @universidadedevigo) para falarlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO das enerxías renovables mariñas.
Distribuir contido


by Dr. Radut