Como todos os anos, este luns os profesionais sanitarios do Salnés acompañaronnos para o curso de RCP que capacita aos nosos alumnos para poder aplicar a RCP en caso de necesidade e coñecer o dispositivo DESA. Este curso é obrigatorio para todos aqueles que traballen nunha piscina e como socorristas.
De maneira altruista, dende hai 11 anos, veñen a impartir esta sesiòn cunha duración de 4 horas no que son avaliados tanto desde o punto de vista práctico como na teoría por medio dun exame teórico.
Este ano tiveron que vir tres médicos mais pois ao cambiar de ciclo, a unidade formativa de primeiros auxilios, pasa a ser de primeiro curso pero ainda temos o ciclo antigo onde aínda se imparte en segundo . Co cal tivemos 54 alumnos, 6 profesionais do Hospital (Julia Oubiña, Eugenio Pose, Sandra Martínez, Laura González, Carlos Pérez e Ángeles Castro Otero) e dous profesores axudantes : Luis e Conchi.
(Fonte: Canle Rías Baixas)
A nova no Faro de Vigo (clic na imaxe)
Ver album de fotos: