Skip to Content

Complementarias

O ALUMNADO DO CARRIL PARTICIPA NO PARLAMENTO XOVE

Os nosos alumnos de 4º da ESO, Noa Santiago, Alicia García, Rubén Alcalde e Carmen Vila, estiveron o pasado 17 e 18 de xuño nos cuartos de final do Parlamento Xove. A sorte non foi con eles e tristemente non pasaron dos cuartos, pero xa é un logro chegar onde chegaron, tendo en conta que era a súa primeira vez. Moitos pararabéns e ogallá que o ano que ven inténteno de novo. En especial tamén felicitar a Noa Santiago, que recibiu un premio á mellor oradora. E por suposto esperamos que outros alumnos do centro se animen a facer esta actividade.

Ver album de fotos

(O noso alumnado pode verse en 1h 38m)

 

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES DE 3ºESO

O alumnado de 3ºESO visitou as Illas Cíes o pasado 3 de xuño. Foi un día ben intenso: camiñata ata o faro pola mañá e tempo de praia pola tarde. Pero que ben o pasaron!!

VIsita o album de fotos

VISITA A SANTIAGO DO ALUMNADO DE ARTES

Excursión a Santiago o 21 de abril para visitar parte do casco histórico e mercado de abastos de Santiago,o museo de arte contemporánea, CGAC ao que pertencen estas imaxes, e a Catedral.
O alumnado demostrou moito interés en todas os lugares visitados. Aprendimos a observar, e a xogar cos coñecementos que aprendimos na aula. Unha experiencia para repetir o próximo curso!

Ver o album de fotos da visita ao CGAC

PARTICIPACIÓN NA NOVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

Este ano celebrouse a 13 edición do certame Parlamento Xoven no que participou un grupo de alumnas do noso instituto acompañadas pola súa profesora de Historia, Teresa Rodríguez. Quedaron no 8º lugar, nunha edición na que pasaban 8 equipos dos 22 que foron. A nosa alumna Noa recibiu unha mención á mellor oradora.Parabéns para todo o grupo.

Para quen queira máis información sobre este certame pode consultar este sitio web.

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

 

Preme sobre as fotos para agrandalas
 

 

ACTIVIDADES POLO 8 M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O grupo de igualdade do noso instituto programou varias actividades arredor do 8M, Día Internacional da Muller. Velaí a nota de prensa publicada para tal ocasión:

Informamos de que no marco da conmemoración do 8M o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES O Carril participou o venres 18 de marzo pola mañá nun encontro cos colectivos feministas “O Soño de Lilith” e “Feministas de Catoira” no auditorio municipal de Vilagarcía.

Daisy Alcalde e Alejandra Muñiz, representantes da asociación vilagarciana “O Soño de Lilith”, e Vanessa Pérez e Cristina Longo, voceiras de “Feministas de Catoira”, expuxeron a traxectoria das dúas asociacións, as súas motivacións e os obxectivos fundamentais do seu traballo para a concienciación a prol da igualdade e responderon ás preguntas dun alumnado que se amosou participativo e moi interesado. Explicaron e defenderon un feministo transversal onde a loita feminista vai da man da ecoloxía, do antirracismo e da defensa dos dereitos LGTBI+. Subliñaron, pois, a importancia de construír un mundo máis xusto sen opresións e no que as diferenzas non supoñan desiguais oportunidades, tratos ou dereitos.

 

Este acto veuse a sumar ás actividades que nesta semana organizou o grupo de Igualdade do instituto do Carril, que acolle neste momento a exposición da V Edición de Festivala: mulleres creando, facilitada pola asociación “O Soño de Lilith” coa colaboración do concello de Vilagarcía.

 

Entre outras actividades, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o labor e as reivindicacións da asociación de mariscadoras “Amarcarril” da man de Inma Otero, Rita Vidal e Pupe Jueguen, que visitaron o centro o pasado xoves 17, achegando materiais divulgativos e mesmo ferramentas de traballo.

Os actos do 8M completaron o coñecemento da situación actual das mulleres coa análise da historia dos seus dereitos. Esta quere ser graficamente plasmada nun estudo do alumnado de 3º ESO, que está a elaborar a “Liña do tempo dos dereitos das mulleres” para reflectir o difícil camiño da reivindicación.

Para ver o album de fotos da exposición e dos encontros cos colectivos feministas e as representantes das mariscadoras de Amarcarril podes facer clic nas imaxes

     

XORNADA SOBRE XESTIÓN DE REFUGALLOS PARA 1º E 2º BACHARELATO DE FRANCÉS

No marco dun traballo sobre écoloxía e medioambiente, o alumnado de Francés de 1º e 2º de Bacharelato visitaron o xoves 17 de marzo pola mañá o Punto Limpo e os composteiros do Piñeiriño onde puideron coñecer de primeira man como se tratan ou reciclan os distintos tipos de residuos e como se transforman os orgánicos en compost.  Na visita ao Punto Limpo, o alumnado estivo acompañado polo xefe do servizo de Medioambiente do Concello, os mestres composteiros e o concelleiro de Obras e responsable do servizo de recollida de lixo e limpeza, Lino Mouriño.

Para ver o album de fotos, clic aquí

Fotografía: Facebook do Concello de Vilagarcía

INFORMACIÓN SOBRE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO

Resolución do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Descargar a resolución (clic na imaxe)        Descargar titulacións susceptibles de acreditación(clic na imaxe)

          

EXPOSICIÓN-CONCURSO "UN MAR DE ARTE"

O alumnado da materia de Educación Plástica e Visual crearon esta exposición reprroducindo os estilo pictóricos dos pintoras/es máis senlleios dos séculos XIX-XX.

Todo o alumnado pode participar no concurso que consistee en adiviñar ao estilo de que autor corresponde cada peixe. Só precisas observar e gañarás un premio.

IMG_20210528_094258_1.jpg

ENTRADA Á EXPOSICIÓN

VIDEOCONFERENCIA COA PROFESORA DE MATEMÁTICAS DA USC ELENA VÁQUEZ ABAL

O departamento de matemáticas organizou unha videoconferencia con Elena Vázquez Abal, profesora na Facultade de Matemáticas da USC. Esta videoconferencia tivo lugar o día 25 de maio para o alumnado de matemáticas de1º de Bacharelato.

cartell.jpg  foto128129.jpg  foto228229.jpg  foto328229.jpg

Distribuir contido


by Dr. Radut