O pasado venres 8 de novembro a Biblioteca acolleu a entrega de galardóns aos textos literarios que o alumnado de todos os cursos elaborou no transcurso do Obradoiro de Escritura Creativa que impartiu Chema Gómez de Lora, escritor, dramaturgo e profesor de Filosofía e de escrita creativa. A actividade, que organizou o Departamento de Lingua Castelá, desenvolveuse entre o 21 e o 25 de outubro.
O profesor conduciu e motivou o alumnado a crear os seus propios textos a través de "Técnicas para escribir con imaginación y libertad a través de juegos ágiles y espontáneos" e, a teor do lido, do visto e do oído, os mozos e mozas do noso centro xogaron e experimentaron coa linguaxe para crear unhas historias do máis suxerentes. Como mostra representativa do seu traballo, Chema seleccionou os seguintes textos, que recibiron cadanseus obsequios, mais de seguro que foi un labor ben difícil. Noraboa a todos os alumnos e alumnas e moitas grazas, un curso máis, ao noso profesor convidado por esta semana que deixou pegada en nós.
Estes son os textos de Antía, Luján e Manuela (1º ESO), Nerea (2º ESO), Yuriana (3º ESO) e Sara Cortizo (4º ESO).