Na tarde de hoxe, martes 5 de marzo, o alumnado de 3º ESO participou nun coloquio co escritor Fernando Lalana, que mantivo unha charla entretida e interesante sobre a novela 13 perros a partir das preguntas que lle foron formulando os rapaces e as rapazas.
A obra é unha novela de detectives que desenvolve con grandes doses de humor unha brillante homenaxe ao cinema negro e ás novelas de espías. Nela, o tenente Felipe Manley, do Centro Nacional de Intelixencia, acaba de descubrir que o satélite europeo Meteosat está en perigo. A esta investigación súmase outra historia protagonizada por Elvira Ballesteros, unha maestra en paro que acaba de obter o diploma de detective privada e se enfronta, coa axuda do seu fillo Félix, ao seu primeiro caso: a desaparición dun galgo persa. Que relación podería ter o can desaparecido co caso internacional que segue o tenente?
A actividade foi posible grazas á organización das profesoras do Departamento de Lingua Castelá e a Editorial Bambú.