Últimas Novas
Reserva de prazas de alumnado centro adscrito. CURSO 22-23
O número de postos escolares vacantes no centro de adscrición son suficientes para satisfacer a demanda de prazas existente para o vindeiro curso 22-23.
Pódese consultar a listaxe definitiva de reserva de praza de alumnado procedentes de centros adscritos para o vindeiro curso 22-23 no taboleiro de anuncios do IES O Mosteirón.
Día Internacional da saída do armario
Hoxe celebramos no noso centro o Día Internacional da saída do armario. Con motivo dun día tan importante, expóñense na biblioteca uns libros de temática inclusiva LGBT+ para animar ao alumnado a saber un pouco máis sobre este tema.
PRESENTACIÓN EN SANTIAGO DA PELÍCULA "DA MADEIRA AO MAR"
PREMIER DA PELÍCULA DE 4º DE ESO
O venres 17 de xuño, o alumnado de 4º da ESO presentamos a nosa película "Da madeira ao mar", no salón teatro de Santiago xunto a outros 3 centros de Galicia. Catro documentais realizados dentro do Plan Proxecta deste curso. A nosa película fala de Pepe, o carpinteiro de ribeira de Lorbé e da actividade no peirao.
Foi unha mañán moi especial, na que puidemos ver o noso documental en pantalla grande acompañados polas profesoras e coordinadores deste proxecto, por cineastas entre os que se atopaba Otto -que nos acompañou ao longo deste curso-, e os rapaces dos outros centros.
Esta presentación en Santiago é o colofón de moito traballo e moito tempo adicado non só a crear a nosa película - documentación, guión, rodaxe, montaxe - senón tamén a aprender a abrir a mirada e observar o que nos rodea con máis curiosidade e con máis calma a través dos visionados de recoñecidos cineastas. Tamén fixémonos conscentes do valor patrimonial que temos tan cerca de casa e que descoñecíamos.
Pronto compartiremos a nosa película con todos vós.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6