Últimas Novas

Instrucións para a reserva de praza en centros adscritos. CURSO 24-25.

15/01/2024 21:19
Europe/Madrid

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación  admisionalumnado no menú:


Solicitudes – Reserva – Crear


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 22 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Pódese descargar a solicitude no arquivo adxunto (en galego e en castelá).

Digital Week

18/09/2023 17:00
Europe/Madrid

O IES O Mosteirón é un dos centros elixidos na resolución definitiva para participar no programa “Digitalweek” de inmersión lingüística en Inglés, que solicitamos para 4º ESO. Son 22 alumnos/as os que poden optar a realizar esta actividade durante unha semana de xeito totalmente gratuito no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares en Carballedo.

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2023/24.

08/09/2023 11:53
Europe/Madrid

Os días non lectivos elexidos polo centro e aprobados por inspección educativa para este curso escolar son o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024.

Entrega de Libros de texto e Vales de material para o curso 23-24.

05/09/2023 18:42
Europe/Madrid

 Entrega de Libros e de Vales de material o Xoves día 7 de setembro no horario que se indica a continuación: 

3º ESO

10:30-12:00 h    

4º ESO

12:00-13:30 h

1º ESO

16:30-18:00 h

2º ESO

18:00-19:30 h

Nota: - A recollida de libros de texto e de Vales de Material debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou  unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada. 

No caso de que algunha familia non poida pasar a recollelos no día e/ou hora marcada, poderá facelo o venres día 8 en horario de 10:00 h a 14:00 h ou ben o día do comezo das clases, luns 11 de setembro, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 15:30 h a 17:00 h. 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2023/24.

21/07/2023 14:02
Europe/Madrid

Publicouse no taboleiro de anuncios do centro o listado definitivo de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo libros e o listado definitivo de persoas excluídas.

As persoas solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empleando a Chave365 ou o certificado dixital. 

Tanto os Libros como os Vales para material serán entregados en setembro e avisarase para a súa recollida. 

PORTADA AXENDA ESCOLAR 2023-24.

20/07/2023 14:17
Europe/Madrid

A portada gañadora do concurso  da "Nova Portada da Axenda Escolar 2023-2024" foi: 

Autora: Sara López Vázquez (3º ESO A). 

Calendario fin de curso 22-23

19/06/2023 18:05
Europe/Madrid

23/06

Venres

  • Publicación notas en abalar ás 13:00h.
  • Entrega de boletíns de notas:
    • 1º e 2º ESO 13:00h.
    • 3º e 4º ESO 13:00h.
  • Solicitude cita de aclaracións.

26/06

Luns

  • Atención de aclaracións.
  • Presentación de reclamacións.
  • Matrícula alumnado 1º ESO de 9:00h a 11:00h.
  • Matrícula alumando 2º ESO de 11:00h a 13:00h.

27/06

Martes

  • Atención de aclaracións.
  • Presentación de reclamacións.
  • Matrícula alumnado 3º ESO de 9:00h a 11:00h.
  • Matrícula alumnado 4º ESO de 11:00h a 13:00h.

28/06

Mércores

  • Resolución de reclamacións.
 

 

 

Descarga impreso de matrícula.

Instrución formalización de matrícula.

Datas de devolución dos libros de texto do Fondo Libros do curso 22-23.

15/06/2023 22:42
Europe/Madrid
19/06 luns            1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h     
20/06 martes  3º e 4º da ESO de 10:30h a 12:30h

Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou  unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada. 

Lémbrase que un beneficiario que non devolva os libros do curso 22/23 non poderá optar ao Fondo Libros do curso 23/24. 

DESPEDIDA DA AUXILIAR DE CONVERSA.

12/06/2023 14:51
Europe/Madrid

O pasado mércores día 31 de maio despedimos á nosa auxiliar de conversa americana neste curso 2022/2023, Andrea Ochoa, que colaborou nas clases de Física e Química Bilingüe en Inglés. Ademais ensinounos o modo de vida e a cultura do seu país. 

Desexámoslle o mellor nos seus plans futuros. 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024.

19/05/2023 14:45
Europe/Madrid

Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio de 2023 ao 21 de xuño de 2023 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento. 

Distribuir contido