PROGRAMA SOLIDARIO DE PRESTAMO DE LIBROS CURSO 2020/2021
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Prazo de solicitude do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020
Aberto o prazo para solicitar as AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR”
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e
se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros
docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento
ED330B).
Presentación de solicitudes:
-Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. No caso
de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa
titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar.
-Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún
centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no
curso 2019/20.
-En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa
solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se
tramite.
-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Podedes consultar as instruccións no adxunto que se achega.
-OPCIONALMENTE, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no IES O Mosteirón ou en
calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común, no ficheiro adxunto tendes o modelo de solicitude necesario para entrega presencial da solicitude sen necesidade de acceso ao programa fondo libros.
- A presentación da solicitude no centro educativo será con cita previa no teléfono 881880949.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 10:00 a 13:00
NON SE PODE ACCEDER AO CENTRO EDUCATIVO SEN CITA PREVIA.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo I y II solicitud libros de texto.pdf | 453.8 KB |
Instrucións fondolibros 2020-2021 V 5.pdf | 423.25 KB |