CENTRO e SECRETARÍA
Protocolo Covid-19
PROTOCOLO COVID-19
O inicio do presente curso, trae novas importantes que modifican as costumes que viñamos practicando ata o momento. Son tempos novos que requiren de novas actuacións, todas encamiñadas a autoprotexernos, e poder desempeñar as tarefas de ensino-aprendizaxe da maneira máis eficaz que o momento permite.
Achegamos os distintos documentos que nos permiten coñecer as novas actuacións que as circunstancias obrigan. Ánimamosvos a una lectura atenta dos mesmos, e a actuar con empatía e responsabilidade.
- Guia resumo para as familias e alumnos.
- Modelo de declaración responsable para as familias, (débese entregar asinado no centro).
- Equisa de autoavaliación clínica.
- Plano de entradas e saídas do centro.
- Protocolo Covid-19.
Para descargalos debes premer no adxunto correspondete que atoparás no pe desta nova.
USUARIOS DE COMEDOR
COMEDOR ESCOLAR
No caso de que o próximo curso teñades pensado facer uso do servizo de comedor escolar, é preciso que xunto aos impresos de matrícula que tendes que entregar acheguedes o impreso de autodeclaración que se adxunta a esta nota.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DE ALUMNOS PAR O CURSO 20/21
PROCESO DE SELECCIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2020-2021
Publicaronse as listas provisionais de admitidos.
Comunicamos que foron admitidas todas as solicitudes presentadas, polo que todos obtiveron praza, se desexan verificalo, poden chamar por telefono ao centro, as listas definitivas publicaranse a partir do 26 de xuño.
PROGRAMA SOLIDARIO DE PRESTAMO DE LIBROS CURSO 2020/2021
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Prazo de solicitude do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020
Aberto o prazo para solicitar as AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR”
ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e
se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros
docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento
ED330B).
Presentación de solicitudes:
-Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. No caso
de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa
titular da dirección do centro de menores ou a persoa con quen conviva en acollemento familiar.
-Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún
centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no
curso 2019/20.
-En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa
solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se
tramite.
-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Podedes consultar as instruccións no adxunto que se achega.
-OPCIONALMENTE, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no IES O Mosteirón ou en
calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común, no ficheiro adxunto tendes o modelo de solicitude necesario para entrega presencial da solicitude sen necesidade de acceso ao programa fondo libros.
- A presentación da solicitude no centro educativo será con cita previa no teléfono 881880949.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 10:00 a 13:00
NON SE PODE ACCEDER AO CENTRO EDUCATIVO SEN CITA PREVIA.
Proceso de admisión de alumnos para o curso 2020-2021
Proceso de admisión de alumnos para o curso 2020-2021
Prazo e lugar de presentación de solicitudes
- Do 1 ao 23 de marzo para aquelas solicitudes que se presenten na secretaría do instituto (de 09:00 a 14:00h) o en calquera dos rexistros que establece a Lei de Procedemento Administrativo Común.
- Do 1 ao 20 de marzo na sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Presentación da documentación acreditativa dos méritos alegados
No caso de que exista mais demanda que oferta de postos escolares no prazo do 23 de marzo ao 3 de abril, para as solicitudes presentadas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia; ou do 26 de marzo ao 8 de abril, para as solicitudes presentadas na secretaría do centro educativo, os interesados deberán achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.
Podes consultar toda a información no ficheiro adxunto ao pe desta nova.
Listaxe provisional de admitidos/excluidos no programa de fondo libros
Podedes consultar a vosa solicitude do programa de fondo libros non seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/prv/CidadanSolListaxe-buscar.action
Convocatoria fondo solidario libros de texto curso 2019-2020
Orden de 3 de mayo de 2019 por la que se regula la participación en el fondo solidario de libros de texto y se convocan ayudas para adquirir libros de texto y material escolar destinadas al alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obligatoria y educación especial en centros docentes sostenidos con fondos públicos, para el curso escolar 2019/20 (código de procedImiento ED330B).
Iniciase o prazo de solicitudes o día 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2019.
Podedes consultar a orde no documento que axegase a esta noticia.
USUARIOS DE COMEDOR
COMEDOR ESCOLAR
No caso de que o próximo curso teñades pensado facer uso do servizo de comedor escolar, é preciso que xunto aos impresos de matrícula que tendes que entregar acheguedes este impreso de autodeclaración.
COMEZO DE CURSO
BENVIDOS!!!!
COMEZO DE CURSO
O curso comezará o luns 16 de setembro de 2019.
O horario será o da xornada habitual: as 08:30 comezarán as clases, os alumnos que usen o transporte escolar deben estar en la parada 30 minutos antes, o remate da xornada será as 17:00.
O servizo de comedor comeza tamén o luns 16, en horario de 14:10 a 14:45.
Horario de saída do transporte:
- Luns as 17:00
- Martes a venres as 14:45.
O horario lectivo do centro:
- luns, de 8:30 a 14:10 e de 15:20 a 17:00.
- Martes a venres, de 8:30 a 14:10.
Consulta a circular de inicio de curso que atoparás o pe desta nova.
Actividades de formación en linguas estranxeiras alumnado 2019
Según o disposto no artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva(DOG do 20/02/2019), .
As listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle). Así mesmo, as especificacións referidas ás emendas (Anexo II) e ás exclusións (AnexoIII.b) consultaranse a través da opción "3. Estado solicitude" do menú establecido nasta páxina web.
O prazo para emendar os erros e a falta de documentación remata o día 26 de abril de 2019.