Eventos
Sáb | ||
---|---|---|
POESÍA EN TEMPOS DE CORINAVIRUS Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o profesorado do IES O MOSTEIRÓN quere convidar a toda nosa comunidade escolar (alumnado,familias e profesores/as) a participar nunha actividade motivadora que comenzará hoxe e extenderase ao longo de toda a semana próxima. O obxectivo é xogar e manter o ánimo de todos/as! Antes de explicar as posibilidades de participación na actividade, gustaríanos que leades este texto sobre a orixe e significado da celebración do día de hoxe: O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo desde que a UNESCO establecese este día en abril de 1999, en París. Esta data coincide co equinoccio de primavera no hemisferio norte e comezou a conmemorarse desde 2001 como homenaxe á palabra poética. A finalidade desta iniciativa é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades. Para ler as posibilidades de participación e poder subir as vosas aportacións, temos un FORO chamado LEMOS XUNTOS na nosa aula virtual que previsiblemente estará operativo a partir de hoxe as 20:30 (non é seguro, debemos ser pacientes nestes tempos de improvisación). Deixamos un poema inspirador para este momento tan especial:
|