POESÍA EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

21/03/2020 20:30
29/03/2020 23:59
Africa/Addis Ababa

 

 

POESÍA EN TEMPOS DE CORINAVIRUS

Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o profesorado do IES O  MOSTEIRÓN quere convidar a toda  nosa comunidade escolar (alumnado,familias e profesores/as) a participar nunha actividade motivadora que comenzará hoxe e extenderase ao longo de toda a semana próxima.

O obxectivo é xogar e manter o ánimo de todos/as!

Antes de explicar as posibilidades de participación na actividade, gustaríanos que leades este texto sobre a orixe e significado da celebración do día de hoxe:

O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo desde que a UNESCO establecese este día en abril de 1999, en París. Esta data coincide co  equinoccio de primavera no hemisferio norte e comezou a conmemorarse desde 2001 como homenaxe á palabra poética. A finalidade desta iniciativa é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas respectivas comunidades.
«Poesía» é a expresión de sentimentos e emocións por medio dos recursos literarios dos que se serve para tal fin. A linguaxe poética, que se desvía do cotián a través dun proceso de « extrañamiento», é  connotativo, subxectivo, e o acto de comunicación céntrase na mensaxe mesmo, na forma como se transmite. Este código de signos figurado fai referencia a un concepto utilizando termos pertencentes a outras categorías. A través da palabra oral ou escrita, en verso ou en prosa, transmítese beleza e o pracer estético derivado desta.
O Día Mundial da Poesía ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura. Débese recoñecer á poesía o «dereito de cidadanía» na sociedade e a súa capacidade como instrumento para espertar conciencias. 

Para ler as posibilidades de participación e poder subir as vosas aportacións, temos un FORO chamado LEMOS XUNTOS na nosa aula virtual que previsiblemente estará operativo a partir de hoxe as 20:30 (non é seguro, debemos ser pacientes nestes tempos de improvisación).

Deixamos un poema inspirador para este momento tan especial:

Resultado de imagen de no te rindas mario benedetti