Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 9, 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
9
10
Start: 10/03/2020 11:45

A escritora Andrea Maceiras visita Mosteirón. O alumnado de terceiro tivo con ela un encontro para falar sobre a obra  "O que sei do silencio" , cuxa temática é o acoso escolar.

11
12
Start: 12/03/2020 14:25

Suspensión das actividades lectivas dende o vindeiro luns 16 de marzo

Estimadas familias: Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia, dende o luns 16 de marzo, o centro educativo permanecerá pechado durante 14 días. Mañán venres, aplázanse os exames que estivesen programados e é decisión das familias que os seus fillos e fillas asistan ou non ao centro. Na medida na que teñamos máis información, iremos trasladándoa a través da aplicación abalar móbil e da páxina web do centro. Un saúdo. EQUIPO DIRECTIVO.

13
Start: 13/03/2020 19:46

 

AVISO IMPORTANTE sobre o peche do Instituto:

 

Lamentamos seriamente os inconvintes que o peche do Instituto vos poidan causar. Somos conscientes das dificultades que esta medida causan e intentamos palialas coas seguintes medidas:

AVALIACIÓNS

 - Aprázanse as avaliacións previstas para o 16 e 17 de marzo.

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

 

 COMUNICACIÓN CO CENTRO:

 

- O centro educativo permanecerá pechado nas datas indicadas pola Xunta de Galicia. Os temas administrativo atenderanse, en horario de 10:00h a 13:00h, telefónica ou telematicamente.

    • Telf. IES O Mosteirón: 881 88 09 49639 64 27 12
    • Correo electrónico: ies.mosteiron@edu.xunta.es

TRABALLO DOS ALUMNOS NA CASA.

 

 

Quedamos na casa pero seguimos coa nosa actividade cotiá e, para non interromper o proceso formativo e como un exercicio de responsabilidade, debemos asumir certas pautas:

  1. Facer do estudo a actividade principal das mañás.

  2. Acceder á Aula Virtual do IES O Mosteirón: A actividade formativa do alumnado realizarase telematicamente a través da Aula Virtual do centro, activa a partir do luns 16 de marzo. O profesorado programará os contidos de estudo e as actividades das diferentes materias para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio:
    1. Entrar na Aula Virtual do IES O Mosteirón e acceder ao curso e materia correspondente.

    2. Cada materia terá un cronograma semanal indicando as tarefas a realizar, segundo o horario do grupo.

    3. O alumnado poderá manter comunicación co seu profesor/a a través da Aula Virtual.

 

 

Moito ánimo e saúde de parte do EQUIPO DOCENTE DO IES O MOSTEIRÓN.

 

14
15
Distribuir contido