peche instituto
AVISO IMPORTANTE sobre o peche do Instituto:
Lamentamos seriamente os inconvintes que o peche do Instituto vos poidan causar. Somos conscientes das dificultades que esta medida causan e intentamos palialas coas seguintes medidas:
AVALIACIÓNS
- Aprázanse as avaliacións previstas para o 16 e 17 de marzo.
PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
COMUNICACIÓN CO CENTRO:
- O centro educativo permanecerá pechado nas datas indicadas pola Xunta de Galicia. Os temas administrativo atenderanse, en horario de 10:00h a 13:00h, telefónica ou telematicamente.
- Telf. IES O Mosteirón: 881 88 09 49; 639 64 27 12
- Correo electrónico: ies.mosteiron@edu.xunta.es
TRABALLO DOS ALUMNOS NA CASA.
Quedamos na casa pero seguimos coa nosa actividade cotiá e, para non interromper o proceso formativo e como un exercicio de responsabilidade, debemos asumir certas pautas:
-
Facer do estudo a actividade principal das mañás.
- Acceder á Aula Virtual do IES O Mosteirón: A actividade formativa do alumnado realizarase telematicamente a través da Aula Virtual do centro, activa a partir do luns 16 de marzo. O profesorado programará os contidos de estudo e as actividades das diferentes materias para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio:
-
Entrar na Aula Virtual do IES O Mosteirón e acceder ao curso e materia correspondente.
-
Cada materia terá un cronograma semanal indicando as tarefas a realizar, segundo o horario do grupo.
-
O alumnado poderá manter comunicación co seu profesor/a a través da Aula Virtual.
Moito ánimo e saúde de parte do EQUIPO DOCENTE DO IES O MOSTEIRÓN.