Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Start: 22/02/2019 20:46
Hoxe celebramos na biblioteca a nosa homenaxe a Rosalía de Castro. Os Atrapasoños leron unha selección de poemas da escritora nun acto protagonizado polo alumnado de 3º de ESO.
Do XIX ao XXI Libre o meu pensamento! era o lema proposto este ano para conmemorar esta data. A rapazada berrou esta consigna en varias ocasións despois da lectura de textos significativos sobre a emigración, a marxinación da muller , a defensa da lingua , etc.
Andrea e Laura acompañaron algunha das composicións coas súas pandeiretas, escoitamos versións musicadas das súas poesías e ao final , coa axuda da interpretación ao piano de Juan Vilas, cantamos todos " Adiós ríos, adiós fontes".
Cada participante levou como agasallo un minilibro cos poemas de Rosalía e unha flor.
|