Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
26
Start: 26/11/2018 18:54
Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro "Masculino Singular". Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión. O alumnado de 3º preparou unha performance para expresar a nosa repulsa contra o maltrato.
| 27
| 28
Start: 28/11/2018 12:05
Publicación dos novos membros do Consello Escolar que se renova parcialmente neste curso escolar cos seguintes integrantes electos:
Start: 28/11/2018 19:31
Onte á mañá, o alumnado de 3º da ESO achegouse á Fundación Barrié nunha saída organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual para coñecer a obra da fotógrafa mexicana Graciela Iturbide. Fixemos un percorrido guiado pola súa obra, que se move entre o documental e o poético, e parámonos especialmente a mirar os retratos dos pobos indíxenas de México nos que a muller ten un papel moi destacado. Despois de facer a visita guiada continuamos cun taller no que traballamos o simbolismo tendo como inspiración algúns dos retratos de Graciela.
| 29
| 30
Start: 30/11/2018 12:10
Hoxe no recreo temos xuntanza do club de lectura co alumnado de 3º e 4º de ESO. A obra da que se falará hoxe será Masculino singular, de Carlos Negro. Máis información no blog ATRAPASOÑOS | 1
| 2
|