Novas

HAI UNHA RADIO NO INSTITUTO!

Durante este trimestre parte do alumnado e do profesorado comezou a traballar nun proxecto moi interesante: unha radio que informe das actividades e noticias locais e do centro e que sirva como medio de expresión dos intereses da comunidade escolar.

 

O seu nome é ONDAVILA. E a súa web:

ONDAVILA

  

Tamén temos este logotipo, deseñado por Rubén Piñeiro Fernández, de 4º C.

 

 

O primeiro programa foi un informativo, Infovila, e podedes escoitalo aquí:

O PRIMEIRO PROGRAMA

 

Proximamente engadiranse novas seccións: de humor, música, dedicatorias... É importante que calquera persoa interesada en axudar neste proxecto participe e chegue a formar parte do equipo. Por iso queremos animarvos. Para iso podedes falar con Ángeles ou Salvador.

 

 A radio é vosa e precisa xente con ilusión e ideas orixinais. 

Entroido 2014 no Monte da Vila

O día 28 de febreiro celebráronse no centro as actividades correspondentes á chegada do entroido. Foi, coma sempre, unha mañán diferente e divertida. Moitos alumnos e profesores disfrazáranse e actuaran nas comparsas e nos diferentes concursos, demostrando teren enxeño e sentido do humor.

RESULTADOS DOS CONCURSOS

 

CONCURSO DE COMPARSAS:

 

1º PREMIO (ex aequo): 2º Bacharelato e 4º de ESO.

2º PREMIO: 1º ESO A.

3º PREMIO: 3º ESO A.

 

CONCURSO DE DISFRACES:

 

1º PREMIO: Silvia Filgueira (1º Bach. B)

2º PREMIO: Olga Espino (1º ESO A2)

3º PREMIO: Elián Castro (2º ESO C)

Mención especial: Pedro Rodríguez (3º ESO A1); Andrea Padín (1º ESO A2); Adriana Montes (3º ESO A1)

 

CONCURSO DE DOCES TÍPICOS:

 

1º PREMIO: Aitana Arnoso (1º ESO B)

2º PREMIO: Yolanda Pérez (1º ESO C)

3º PREMIO: Andrea Padín (1º ESO A2)

 

Podedes ver máis fotos na seguinte ligazón:

 

Máis imaxes

 

Alumnado de 2º de bacharelato en INDITEX

O departamento de economía organizou unha visita a Inditex o pasado luns 10 de febreiro.

Comezamos coa visita ás novas instalacións da fundación de Inditex (en Arteixo), ampliadas en 75.000 m2. Pasamos polos departamentos de xestión internacional, deseño, patronaxe, fotografía, escaparatismo, tendas piloto, fábricas e loxística.

Despois, tempo libre para comer no centro comercial Marineda City e regreso.

 

 

Festa de Nadal 2013 no Monte da Vila

O día 20 de decembro, último lectivo do ano, tivo lugar no centro a tradicional festa de nadal, que se desenvolveu nas dúas últimas horas da mañán. Convocáronse distintos concursos, co seguinte resultado:

DECORACIÓN DE AULAS: Gañadores > 3º ESO A1; 2º premio ex aequo > 4º ESO A y 3º ESO C; 3º premio > 2º ESO A; mención especial > 1º ESO B

POSTAIS: Aida Iglesias Gondar (4º A).

DOCES NAVIDEÑOS: Adrián Rivademar (1º premio); Alba Meis (2º premio); Salma e Ari (1º C) e Andrea Padín (3º premio ex aequo).

KARAOKE: Olga Espino (1º premio); Ariadna Méndez e Catarina Castro (2º premio).

Tamén fíxose una mención especial ao alumnado participante na campaña de recollida de alimentos.

 

Visita ao Salón de Orientación Universitaria (Unitour)

Alumnado de 2º de bacharelato do IES Monte da Vila visitou o día 17 de decembro o Salón de Orientación no Pazo de Congresos de Vigo, onde delegados das institucións universitarias explicaban que carreiras ou saídas están a ofertar.

Concerto didáctico

O pasado día 22 de outubro os alumnos de 3º da ESO acudiron ao Auditorio de Galicia para asistir a un dos concertos didácticos que se organizan en Santiago de Compostela e nos que o Departamento de Música participa habitualmente. Nesta ocasión tratábase dun espectáculo titulado “El legado de los griots de Senegal”, do grupo Teranga. Os seus membros explicaron cales son as cancións e instrumentos tradicionais do seu país, incluindo danzas e vestidos populares.

 

Aquí pode verse un pequeño fragmento do espectáculo:

 

 

Showcooking

Alumnos de 3º e 4º de ESO e PCPI acudiron durante a 50ª Festa do Marisco do Grove a unha demostración de cociña moi especial, pois nela interviron outros estudantes. Estes aprenderon a cociñar nas aulas da ONG CESAL e tiveron un mestre de categoría: o chef Chema de Isidro.

Tanto un coma os outros mostraron aquilo de que son capaces elaborando un prato para todos nós. E podemos asegurar que estaba bo.

Showcookin no Grove

 

O Monte da Vila na TV

 

Emisión do documental "25 Aniversario IES Monte da Vila" na canle Rias Baixas

Xoves 01/11: 14:15 h

Venres 02/11: 23:30 h

Domingo 04/11: 10:30 h

Xoves 8/11: 23:30 h

Venres 9/11: 15:30 h

Domingo 11/11: 13:30 h

Coloquio de cinema: Vilamor

O martes 24 de abril recibimos a visita no centro de tres actores e mais o director do filme galego “Vilamor”, realizado no 2012 e baseado nun feito real acontecido na Galicia dos anos 70. A esta presentación asistiu alumnado de 1º de Bacharelato e nela tanto o director como os tres actores explicaron de xeito moi divertido as súas experiencias na rodaxe, as anécdotas e, por riba de todo, o compromiso adquirido coa cultura e coa lingua galega. Ao final houbo un coloquio onde os mozos e mozas participaron activamente con preguntas sobre o filme e a propia profesión dos invitados.


Charla-coloquio sobre "As alternativas democráticas"

O xoves 12 de abril achegouse ata o noso centro o Ángel Calle Collado, licenciado en Ciencias Matemáticas –Estatística e investigación Operativa (1992)- pola Facultade de Ciencias Matemáticas da Universidade Complutense de Madrid. Tendo como auditorio ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, falou dos tempos de descontento e autoritarismos que vive a sociedade actual, dos novos movementos globais, do poder de convocatoria das redes sociais de internet , dos límites que impón o actual contexto político e financeiro da fin da era do petróleo, do papel do estado, dos partidos, dos sindicatos…. O resultado foi moi satisfactorio pois o alumnado participou de xeito activo e reflexivo ás cuestión presentadas polo profesor universitario.


Distribuir contido