Novas
COVID-19: Historia dunha pandemia. Leccións por aprender.
O venres 12 de febreiro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º Bacharelato tivo unha charla con Alberto José Coelho Cotón, docente e investigador do Departamento de Química Organica da USC.
A charla versou sobre a pandemia que estamos a vivir, de aí a súa necesidade e utilidade. Para poñernos en contexto comezou contándonos como se viviron pandemias tan famosas como a Peste Negra ou a mal chamada Gripe Española. Seguidamente explicou, en xeral, que son os virus; a súa estrutura e funcionamento, incluíndo as famosas mutacións; vías de transmisión; e tratamentos dispoñíbeis. Isto permitiulle poñer o foco finalmente no SARS-CoV-2, pechando a xuntanza cun debate sobre a abordaxe política da pandemia, a seguridade da vacina e as medidas de prevención
Entroido IES Monte da Vila
ENTROIDO IES MONTE DA VILA
RETOS DIARIOS E CONCURSO DE DISFRACES 2021
Coa finalidade de fomentar a participación do alumnado no entroido, establécense as seguintes actividades para os días entre o 8 e o 12 de febreiro (incluídos):
PRIMEIRA: RETOS DIARIOS DE DISFRACE
- Cada día da semana entre o luns 8 e o xoves 11 haberá un desafío de disfraces diario, e común a todos os cursos.
- As temáticas foron deseñadas polo alumnado de 2o de Bacharelato, e buscan que todo o mundo poida participar empregando roupa e complementos que teña por casa.
- Ao escoller o voso disfrace, tende en conta que non pode interferir co uso da mascara, emprego do hidroxel, etc. É dicir: nin luvas nin caretas, ou outros elementos que tapen a cara. Igualmente, non podemos esquecer o mantemento das normas de seguridade (distancia persoal, evitar o contacto, non compartir material, etc).
- As temáticas son as seguintes:
- Luns 8: deportes. Individual ou por equipos, o importante é participar!
- Martes 9: celebración. Aproveita e saca a roupa de festa! Vodas, bautizos e comuñóns do Monte da Vila!
- Mércores 10: pixama. Iso si, non vale durmirse!
- Xoves 11: labregos. A rebuscar no armario dos avós!
SEGUNDA: CONCURSO DE DISFRACES POR GRUPOS
- O venres 12 celebraremos un concurso de disfraces por clases.
- A temática é libre, pero cada clase ten que escoller a súa antes do día 9 e inscribirse.
- Ao igual que nos retos diarios, o cumprimento das normas de seguridade e hixiene fronte á Covid é fundamental.
- Para inscribirse no concurso, os delegados de cada clase entregaranlle aos seus titores ou ao vicedirector unha folla coa listaxe de participantes da súa clase, e a temática escollida.
- Lembrade que se non vos inscribides non teredes a oportunidade de gañar o premio!
TERCEIRA: XURADO E PREMIOS
- De luns a xoves, o profesorado valorará a cada grupo na sesión de clase correspondente, tendo en conta os disfraces, a participación do conxunto do grupo, a adecuación á temática diaria e o cumprimento das normas. O grupo que teña maior puntuación final obterá o seguinte premio:
- Almorzo na cafetería do centro e diploma.
- O venres haberá un xurado composto por entre 3 e 5 profesores, encargado de valorar os disfraces, a súa adecuación á temática escollida e o cumprimento das normas.
- No concurso de disfraces entregarase o seguinte premio:
- Almorzo na cafetería do centro ao mellor grupo de disfraces e diploma.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases e o fallo do xurado.
II Certame de Poesía Montenegro 2021
Convócase o II Certame de Poesía Montenegro 2021.
A información sobre as bases está no seguinte enlace.
Como cambia o significado das palabras
O venres 22 de xaneiro tivemos a charla con Xulio César Ponte, da USC.
Foi unha charla na que se mostrou a evolución das palabras.
Nun primeiro momento resumiunos un traballo de filólogo, posto que a investigación neste campo non está tan recoñecida como a nivel científico; aínda que non ten menos valor.
Un exemplo da mostra da funcionalidade da investigación filolóxica son as aplicacións que manexamos a diario, tales como tradutores, correctores de texto...
A evolución das palabras pode ser pola forma, polo significado; mediante metáforas, metonimias... Foi unha charla moi amena e que se pasou de maneira moi rápida. Ao alumnado resultoulle atractiva á par que útil, posto que están traballando con estes temas na aula.
Camiñando cara a dixitalización
O pasado mércores 13 de xaneiro tivemos novamente á profesora do IESIDE Carlota Sánchez Montaña-Puga para mostrarnos as tendencias e consecuencias da dixitalización no actual entorno social, laboral e profesional. Neste caso, debido ás condicións da pandemia, a charla tivo que ser a través dunha videoconferencia e dirixida ao alumnado de segundo de bacharelato que cursa a materia de Economía da Empresa.
Concurso Bateate
Ó longo do mes de Novembro o IES Monte da Vila participou nunha campaña baixo o lema “Batéate” que inclúe un concurso de fotografía e un concurso de reportaxe audiovisual destinados a alumnos/as de 4º de ESO e de Formación Profesional e desarrollada por la Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA).Esta campaña tiña como obxectivo poñer en valor o oficio no sector mexilloeiro, e dalo a coñecer como unha opción laboral de futuro entre mozos que terminan os estudios obrigatorios.A dinámica do concurso consistía nun primeiro lugar no envío dos traballos por cada un dos institutos interesados e entre eles escoller unha obra ganadora de centro e unha obra accésit por centro e por categoría. En concreto, no noso centro, tódolos traballos presentados foron na categoría de fotografía e resultaron seleccionados:
- Gañadora: Lucía Devesa Rey (4ºC)
- Accésit: Paula Domínguez Torres (4ºC)
- Mención especial: Nikolas Allo Salgueiro (4ºC)
Cada un dos mencionados recibiu unha camiseta como premio e a gañadora, a maiores, un cheque para gastar en fnac cun valor de 100 €.
Mostramos as fotos premiadas:
RETOS
RETOS FÍSICOS E DIVERTIDOS
Desde o Departamento de Educación Física animámosvos a facer unha serie de retos físicos, sinxelos e divertidos que iremos colgando na web.
Van dirixidos, non só ao alumnado, tamén ás familias, profesores e profesoras e PAS.
Ademais de facelos, se vos animades a gravalos, podedes envialos ao correo de Nuria: nurisr@edu.xunta.es
Irémolos recopilando para sacar unhas risas e bos momentos e sentirnos máis pretos.
Retámosvos!
RETO 6
Se non podes ver o vídeo clica aquí
RETO 5
Se non podes ver o vídeo clica aquí
RETO 4
Se non podes ver o vídeo clica aquí
RETO 3
Se non podes ver o vídeo clica aquí
RETO 2
Se non podes ver o vídeo clica aquí
RETO 1
Se non podes ver o vídeo clica aquí
Ligamats
O pasado 4 de marzo, Vionta, Tarso, Abigail y Hugo participaron en Ligamats, competición por equipos organizada pola Escola Rosalía de Castro dentro da XVI Edición de IMATXINA.
Tiveron que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…) durante hora e media. Como podedes ver nas imaxes, pasárono moi ben. Ao rematar, comentaban que son actividades diferentes ás que se fan na clase habitualmente.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »