Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: Historia do Samaín

 @s alumn@s do IES Monelos Raúl Orosa Sanjuan e Noa Vázquez Fuentes descúbrennos neste programa de Radio Monelos o significado das palabras de Samaín e Halloween. Son comúns?, De onde procede a súa orixe?

Esperando que este programa sírvanos para iluminar esta noite defuntos deste outonal novembro.

Para os aficcionados ao cómic e a lectura en xeral tedes un libro de Pepe Carreiro da serie os Barbanzós que se titula "A noite do Samaín" e que vos pode abrir, de forma divertida, o camiño.

BASES DO CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE TERROR DO IES MONELOS 2022

 

Organizado pola Biblioteca escolar en colaboración do EDLG do Centro. 
 
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de poderá presentar unha proposta de relato curto. A extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e de temática de terror.
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e CATEGORÍA. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por categoría, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: Modalidade de relato de terror 1ª categoría: vale de 30 €. Modalidade de relato de terror 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 24 de outubro e remata o día 18 de novembro de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 23 de novembro de 2022. 
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na páxina web da Biblioteca escolar, na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo e elaborarase un podcast para ser emitido por Radio Monelos. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)

 

Receitas
                                                 

 Entrevista de Radio Monelos a algún dos participantes

Radio Monelos: lectura do conto de Rafael Dieste "Sobre a morte de Bieito"

Conto publicado no libro "Dos arquivos do Trasno". Lectura realizada polos alumnos de 4º ESO A Enrique Alonso e Lucas Eiroa por iniciativa do EDLG e o Club de Lectura do IES Monelos.


Radio Monelos: programa sobre o Magosto

 Programa sobre o Magosto realizado polas alumnas de 1º ESO B: Claudia Aparicio, Lara Beade e Sara Díaz.

 

 

II Concurso IES Monelos de Cociña de Outono

Organizado polo EDLG 

Bases do concurso 

1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro. 

2. Presentaranse os pratos a primeira hora do mércores 26 de outubro no corredor de entrada do centro. 

3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego. 

4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante. 

5. O primeiro premio terá un valor de 30 €. 

6. O segundo premio terá un valor de 20 €. 

7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores. 

8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro. 

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. 

 

Elas foron (3º capítulo)

 Emisión do  terceiro e derradeiro capítulo deste curso sobre o protagonismo da muller na historia contemporánea.

 Na elaboración destes programas participou o alumnado de 1º de bacharelato. En concreto: Manuel Bonome López, Antía Cañiza Blanco, Daniela Costa Riesgo, Marlene López de la Rosa, Celeste Medina Lostenau, Lía Piñeiro Carreño, Sara Teijeiro Piñeiro baixo a coordinación do seu profesor Santiago Dans.

As biografías versaron sobre a seguintes figuras: Kusumoto Ine (Oine), Inessa Armand, Edith Clavell, Olympie de Gouges, Virginia Woolf e Katherine Johnson.

Este último capítulo está centrado nas dúas últimas mulleres mencionadas no párrafo anterior.

Lectura da obra teatral de Agatha Christie: "A Rateira"

 Lectura do 1º acto da 1ª parte desta obra por parte do alumnado de 3º de ESO do Club de Lectura do IES Monelos.


 
Distribuir contido


by Dr. Radut