Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: "SonDaRúa"

Programa elaborado polas alumnas de 4º ESO B Victoria Estrada e Soraya Martínez na locución. No control de son África Trillo.


Radio Monelos: "Ataque Escampe"

 Programa de Radio sobre o grupo musical de pop "Ataque Escampe" realizado polas alumnas de 2º ESO B: Inés Rodríguez, Lucía Barbé (na locución) e Iria Tenreiro (no control de son).

Predición meteorolóxica (5 ao 12 abril)

Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos.

 

Radio Monelos: "Dios ke te crew"

 Programa de Radio Monelos sobre o grupo de rap "Dios ke te crew". Elaborado polas alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez e Celtia Suárez na locución e África Trillo no control de son.


 

Bases do concurso: Hai debate 2022 (2ª edición)

 BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2021-2022. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará na semana do 9 ao 13 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 
 
4. Desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis. 5. O tema escollido na fase inicial, semifinal e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 
 
6. Estará estruturado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira e segunda semana (19 ao 22 de abril e 25 ao 29 de abril) desenvolverase un debate en cada grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de A-C e B-D. 
• Na primeira semana de maio (2-6 haberá a semifinal). 
• Na segunda semana de maio (9-13 haberá a final). 
 
7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 
 
8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
 • 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
 • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

Concurso galego con ciencia 2022 (2ª edición)

RESULTADOS FINAIS E GAÑADORAS DO CONCURSO

 
 
Entrega de diplomas e premios da 2ª edición do concurso "Galego con Ciencia" realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)
 




BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2021-2022. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2022 e rematará na semana do 9 ao 13 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas. 
 
4. O concurso terá tres niveis: 
 
• 1º e 2º de ESO. 
• 3º e 4º de ESO. 
• Bacharelato. 
 
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 
 
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira semana (19 ao 22 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 25 ao 29 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 2 ao 6 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas. 
• Na derradeira semana (9 a 13 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
 
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 
 
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 
 
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 
 
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 
 
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona. 
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 
 
a) Maior puntuación nas tres semanas previas. 
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 
 
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

BASES DO CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2022: RELACIÓN DE PREMIADOS

 

Letras galegas 2022 dedicadas á figura de Florencio Delgado Gurriarán

Composición e fallo do xurado

O xurado composto polas profesoras do IES Monelos Mª Ángeles Porto Prado, Mª Jesús Raposo Sánchez, Mª do Mar Rodríguez Iglesias e Pilar Tobar Conde fallou como gañadores/as do concurso na categoría de 4º ESO e Bacharelato:

Modalidade de poesía:

Na noite escura / Tolemia transitoria  co pseudónimo Amalia Lage da  alumna de 2º Bac. D Elena Precedo Prado.

Modalidade narración breve:

Os catro tronos co pseudónimo Lex do alumno de 1º Bac. B  Jia Hao Yang.

Entrega de diplomas e premios

A entrega dos premios realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)

Bases

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2021-2022. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. 
 
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: 
 
Modalidade de poesía 1ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de poesía 2ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 4 de abril e remata o día 6 de maio de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 13 de maio de 2022.
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

Radio Monelos: programa musical sobre o grupo de punk-rock "DAKIDARRÍA"

 Programa de radio realizado polas alumnas de 2º ESO B Lucía Barbé e Inés Rodríguez (na locución) e Iria Tenreiro no control de son.


Radio Monelos: Boyanka Kostova

 Programa musical realizado polo alumnado de 4º ESO A na locución Alba Arias e Raúl Regueiro, no control de son Diego Cuevas.

Tempo na Coruña do 29 de marzo ao 5 de abril

 Predición de tempo realizada pola Meteoescola do IES Monelos.

Distribuir contido


by Dr. Radut