Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 4. Luis Emilio Batallán

 Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO C Sara Castro Sánchez e Adriana Miranda Vargas.

Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 3. "Voces ceibes"

 Programa realizado polas alumnas de 3º ESO A Iria Domínguez Grobas e Lucía Morandeira Pena.

Radio Monelos. Historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 2. Ana Kiro

Programa elaborado polas alumnas de 2º ESO A Catalina Bago e Sabela García. 
 
 
  

A cantante hydn no IES Monelos

 A cantante e exalumna do instituto visitou o 8 de novembro ao alumnado de 1º de bacharelato do centro.

Na charla falou, entre outros aspectos, da súa experiencia como candidata ao Benidorm Fest, os seus gustos musicais, a vocación académica, profesional, as súas dificultades e a súa aposta polo uso do galego na súa vida cotiá.

hydn - Drowning Fire (Video Oficial)

Entrega dos premios "II concurso cociña de outono"

O 8 de novembro as alumnas de 1º ESO B Lara Beade Hermida e Paula Seijas Seoane recibiron o primeiro e segundo premio respectivamente do "II certame do concurso de cociña de outono" organizado polo EDLG do centro

Na imaxe superior Paula Seijas e na inferior Lara Beade reciben o diploma e premio por parte do coordinador do EDLG do IES Monelos.

20 anos da catástrofe do "Prestige"

 As alumnas de 3º ESO  Iria Domínguez e Lucía Barbé analizan nesta reportaxe de Radio Monelos a catástrofe ecolóxica máis importante que padeceu a costa galega hai 20 anos.

 Ver imaxes

  

Radio Monelos: historia da música galega: de Andrés do Barro aos "Diplomáticos de Monte Alto". Capítulo 1. Andrés do Barro

 Con este programa sobre o músico galego Andrés do Barro iniciamos unha andaina sobre historia da música galega entre finais da década dos sesenta e o ano 2000 para comprender os distintos estilos musicais dentro do seu contexto sociopolítico e cultural das últimas décadas do século XX.

Ao longo deste trimestre trataremos de acercarnos a figuras e grupos musicais, ademais de Andres do Barro, como Ana Kiro, Voces Ceibes, Emilio Batallán, Fuxan os ventos, Milladoiro, Radio Océano, Os resentidos para rematar co grupo coruñés Os Diplomáticos de Monte Alto que ten como un dos seus líderes ao incombustible Xurxo Souto. Intentando resaltar en que medida foron quen, no seu contexto, de normalizar a música galega e o idioma.

Este primeiro traballo foi realizado polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.

Hai vai o tren musical de Andrés do Barro co seu corpo xeitoso tendo saúdade de ti!

Radio Monelos: María Casares

Programa realizado pola Biblioteca escolar do Centro

 
No centenario do nacemento da actriz coruñesa.
 
Na locución participa o alumnado de 2º ESO A Antía Anca Campos, Martín Jaspe Rodríguez e Celia Remeseiro Grau.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CONCURSO EXPERIMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA

 Bases do concurso 

1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química. 

3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario. 

4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega. 

 5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega. 

6. A entrega dos vídeos realizarase antes do mércores 30 de novembro. 

7. O mércores 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores. 

8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • 

9. O xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. 

10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

hydn no IES Monelos

 A cantante hydn (exalumna do IES Monelos) dará unha charla no centro sobre o seu proxecto musical e a súa experiencia como neofalante na nosa lingua o próximo martes 8 de novembro ao alumnado de 1º de bacharelato.

A actividade está organizada polo EDLG do instituto. 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut