Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: "Familia Caamagno"

 Programa musical elaborado polos alumnos de 4º ESO A Enrique Alonso Fúster e Elías Pardo Fernández sobre o grupo rock-pop "Familia Caamagno".

 

Radio Monelos: historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 5. Hércules e a fundación da cidade

 Programa realizado polas alumnas de 1º ESO B Claudia Aparicio Ramos e Lara Beade Hermida.

 

 

Radio Monelos: programa sobre Mercedes Peón

 Programa sobre a cantante e música Mercedes Peón exalumna do IES Monelos nos cursos 1980 ao 1984.

Realizado pol@s alumn@s de 4º ESO A Lucas Eiroa Osoro e Amalia García Blanco.

Entrega dos premios aos gañadores do concurso "videos de ciencia en galego"

 O 22 de decembro fíxose entrega dos premios por parte d@s profesor@s Carlos Álvarez de física e química e Pilar Veiga de lingua e literatura galega.

Nicolás Castro Botana (4º ESO B) 1º premio

Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO A) 2º premio
 

Victoria Caraballo Hernández (4º ESO B) Finalista

 

Programa de Radio Monelos sobre a "Asociación Ecodesarrollo Gaia"

 Programa de radio elaborado polas alumnas de 2º bacharelato D Antía Cañizo Blanco e Sara Teijeira Pereira sobre a "Asociación Ecodesarrollo Gaia" moi activa coa comunidade senegalesa da nosa cidade.

Entrevista a Xurxo Souto na librería "Sisargas" (20/12/2022)

 Entrevista realizada polas alumnas de 1º de bacharelato Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo.


 

As reporteiras con Xurxo Souto ás portas da librería "Sisargas"

Concurso ciencia en galego (2ª edición 2022)

 Organizado polo EDLG en colaboración co departamento de Física e Química do IES Monelos.

1º premio Reacción química dun limón efervescente de Nicolás Castro Fontela (4º ESO)

2º premio: Dous experimentos básicos de Martina Iris Estévez Domínguez (4º ESO)  

Finalista Victoria Caraballo Hernández (4º ESO)

Entrega dos premios do primeiro certame de relatos de terror do IES Monelos

A alumna de 2º ESO a Catalina Bago Pérez recibiu o primeiro premio na categoría de 1º, 2º e 3º de ESO. Julián Santos Santos optivo o 2º premio na mesma categoría.

Jia Hao Yang de 2º bacharelato B recibiu o primeiro premio da 2ª categoría (4º ESO e bacharelato).

A actividade foi organizada pola Biblioteca escolar e o EDLG do centro.

Grazas a tod@s os concursantes que participaron e parabéns aos gañadores.


 

Bo Nadal e próspero 2023 a toda a Comunidade Educativa do IES Monelos

 O EDLG do IES Monelos quere felicitar o Nadal e desexar un próspero 2023 cheo de proxectos e esperanzas renovadas a toda a Comunidade Educativa.

Nesta reportaxe de non moi boa calidade pero si ben intencionada vese reflectido o alumbrado da nosa cidade nestas festas tan xeitoso como o doutras metrópoles do Universo cercanas a nós.

A música que acompaña titúlase "Volver a casa por Nadal". Trátase dun traballo de Pablo Novoa (músico multinstrumentalista que compuxo temas para Golpes Bajos, Los Ronaldos, Julieta Venegas ou Iván Ferreiro entre outros) xunto co grupo Xababanda e que popularizou o programa xuvenil da TVG Xabarín Club cun videoclip moi exitoso na súa década dourada.

Saúde a tod@s!

Radio Monelos: historias da Coruña e do noso barrio capítulo 4. O Capitán Xeneral de Galicia Pedro Martín Cermeño y García de Paredes

 Capítulo 4º de historias da Coruña e do noso barrio elaborado polas alumnas de 1º de ESO B Lara Beade Hermida e Claudia Aparicio Ramos sobre a figura do capitán xeneral Pedro Martín Cermeño y Paredes e a repercusión que tivo o seu traballo na historia da Coruña e en Oza-Monelos no 300 aniversario do seu nacemento.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut