Skip to Content
 

Normalización lingüística

Tempo atmosférico na Coruña do 21 ao 28 de marzo

 

Radio Monelos: programa sobre Baiuca

Programa de Radio Monelos elaborado pol@s alumn@s de 1º de Bacharelato Celtia Suárez Fernández e Pepe Verdía García sobre "Baiuca" unha mestura da música electrónica coa tradicional.


Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 12. Urbano Lugrís

Neste ano 2023 cúmprese o 50 aniversario da morte do artista coruñés Urbano Lugrís. Desde Radio Monelos queremos recuperar a memoria deste inmenso pintor que ilustrou o soño desta Coruña mergullida nesta inmensidade atlántica.

@s alumn@s de 1º de ESO Inés Insua Puente e Raúl Orosa Sanjuan realizan este programa de Radio Monelos.

E unha novela moi interesante (máis ben para maiores) sobre Lugrís: "O señor Lugrís e a negra sombra" escrita por Luís Rei Núñez e publicada por Xerais no 2007 que ben merece a pena para coñecer a vida deste grande artista. 
 

E algo sobre a súa obra pictórica:

Radio Monelos: grupo musical "Terbutalina"

Programa musical sobre o grupo garaje punk "Terbutalina" elaborado polos alumnos de 4º ESO A Elías Pardo Fernández e Abel Vilariño Gerpe.
 

Predición do tempo na Coruña do 14 ao 21 de marzo

 Elaborado pola Meteoescola do IES Monelos. Na locución o alumno de 4º ESO A Abel Vilariño Gerpe.

Gañadoras e gañadores do concurso da muller na ciencia (11 de febreiro) e do día da muller (11 de marzo)


Relación das gañadoras e dos gañadores do concurso da muller na ciencia e o día da muller convocado pola Biblioteca e o EDLG do IES Monelos:

Vázquez Fuentes Noa     1º ESO A

Lisi Piñeiro, Luca Nahuel 2º ESO PMAR

Ramírez Rojas, Kevin     2º ESO PMAR

García Blanco, Amalia      4º ESO A

Varela Ota, Nina                4º ESO A

Hidalgo Novoa Iria           1ºBacharelato B 

Entrega dos premios aos gañadores na biblioteca do Centro o venres 17 de marzo. De esquerda a dereita Kevin, Iria, Noa, Amalia, Nina e Luca Nahuel.

Radio Monelos: "A pé de rúa". Entrevista a Daniel Palleiro copropietario da librería-espazo cultural "A Tobeira de Oza"

 Na rúa da Merced 24 temos un centro que é algo máis que unha librería. É un espazo cultural de barrio. Claudia Aparicio Ramos e Sara Díaz Ruíz entrevistan a un dos seus socios que se chama Daniel Palleiro. Os outros dous socios chámanse Daniel Blasco e Fran Barcia.


Radio Monelos: Historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 11. O Castro de Elviña

 Traballo realizado polas alumnas de 1º ESO B Inés Insua Puente e Paula Seijas Seoane.

 

Presentación sobre o Castro de Elviña 

Radio Monelos: programa musical sobre "Cuarta Xusta"

Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO B Lucía Barbé Rodríguez e Iria Tenreiro Ramos.


Predición meteorolóxica para A Coruña do 7 ao 14 de marzo

 Elaborada pola Meteoescola do IES Monelos. Locución da alumna de 3º ESO B Iria Tenreiro Ramos.

Distribuir contido


by Dr. Radut