Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: programa sobre o grupo musical "De Vacas"

 Programa elaborado polas alumnas de 3º ESO Adriana Miranda Vargas e Lucía Morandeira Penas.

 

 

Radio Monelos: A pé de rúa. Entrevista a Belén Solleiro Díaz, directora da Biblioteca Municipal do Castrillón

 Entrevista realizada pol@s alumn@s de 1º ESO A Raúl Orosa Sanjuan, Eva Paz Pérez e Noa Vázquez Fuentes.


Radio Monelos: historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 8. A batalla de Elviña

 Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO B Sara Díaz Ruíz e Inés Insua Puente.

Radio Monelos: predición meteorolóxica na Coruña para os días 24 ao 31 de xaneiro de 2023

 Elaborada polo Equipo da Meteoescola do IES Monelos

Na locución Lucía Morandeira Pena (3º ESO A)

 

Xoves 2 de febreiro celebración do día da Candeloria

A Candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar. Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá. A voda dos paxariños A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación! 

O xoves 2 febreiro o EDLG do IES Monelos pretende celebrar este día. Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade... Na semana do 24 de xaneiro ao 1 de febreiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa de correo ao longo desta semana. No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso. O xoves 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Concurso de carteis día da paz e da no violencia (30 de xaneiro)

 Bases do concurso para 1º de ESO (organiza departamento de Debuxo e EDLG do IES Monelos)

1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2023. 

 6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección. 

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do 28 de xaneiro. 

9. O martes 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do martes 31 de xaneiro ao venres 3 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

Radio Monelos: programa musical sobre "LaMontagne & PicoAmperio"

 Realizado pol@s alumn@s de 4º ESO A Sara Lorenzo Naya e Abel Vilariño Gerpe.


Radio Monelos: historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 7. De onde procede a palabra cascarilleiro

Programa elaborado polas alumnas de 1º de ESO Eva Paz Pérez e Paula Seijas Seoane sobre a orixe da palabra cascarilleiro que define aos coruñeses.

Radio Monelos: historia da Coruña e do noso barrio. Capítulo 6. Breogán e a fundación da cidade

 Programa realizado polas alumnas de 1º ESO B Sara Díaz Ruíz e Inés Insua Puente.

Na parte inferior presentación do Parque escultórico da Torre.

Radio Monelos: programa musical sobre o grupo galego de hip hop "Ezetaerre"

 Programa elaborado pol@s alumn@s de 4º ESO A Enrique Alonso Fúster e Martina Iris Estévez Domínguez.

Distribuir contido


by Dr. Radut